Monday, August 28, 2017

Hands in Poems: María do Cebreiro



Volverás a Santiago algunha vez?

Ti lévame a onde vaias, como fan as estrelas
coa súa música, e no oco das túas mans,
húmido e quente, onde quedar prendida 
do que contas, cos ollos moi abertos,
sabendo que a  miúdo os nosos feitos
non poden ser ditados polos nosos desexos,
que os pais tamén dependen dos seus fillos,
exércitos, mulleres do seu lado na cama,
cousas que abandonamos para despois choralas
onda o fío do teléfono. Algo de amor aínda,
en realidad tanto que non podo medir o que me falta
nin saber se estou fóra ou se choveu.
Pero cabes aínda nos primeiros segundos
de cada pensamento e na terra máis fonda
dos soños que romperon, e no último recordo,
ollos dentro dun coche coma se fosen faros
para o mar dunha costa que aínda non foi posible.
Capitán do meu barco, onde están os sinais?
Se te mordo, respondes? Hai unha guerra eterna
e o que se salva perde o seu lugar, que era
o lugar do outro, onde o corpo distingue
só as costuras da roupa e vai por dentro espido
como antes de nacer. Lévame á casa.

En Non son de aquí (2008)

No comments:

Post a Comment