Wednesday, August 16, 2017

The Heart in Poems: Silvia Penas



Día terceiro

Muller con flores I

Hoxe hai aínda un ollo escuro
en forma de culler
na gorida onde reside o calafrío
o rumor
Un ollo atravesado polo xeo
sabe da inminencia do furacán
A pericia é aliada
déspota coma o nome dun imperio
En posición de ataque
a Muller que baila coas flores
trata de morder o bordo tenso da noite
Sabe que cederá a danza
e que o voo lle será arrincado
porque xa non é cóndor na madrugada
O ollo espreita
e provoca unha distancia
que enferma o ceo
por veces 
prémelle no corazón 
e sangra


No comments:

Post a Comment