Ata o vindeiro 4 de marzo podedes visitar na Sala de Exposicións Afundación en Ourense a mostra Quessada: Sociedade e represión.
Xaime Quesada ("Quessada" por unha ironía del, pola vinculación a Picasso) é o último de sete irmáns dunha familia de artistas, nado na guerra civil e orfo de pai desde neno. Podedes ler a súa biografía completa aquí para afondar na súa admiración por Rembrandt ou Parada Justel; as súas viaxes polo mundo adiante, realizando exposicións en múltiples países e continentes; e a súa exploración de variadas técnicas (óleo, gouache, pastel, acuarela, gravado, augaforte, linóleo) e doutras artes (escribiu poemas, panfletos, ensaios, cartas abertas e novelas).
A exposición recolle cadros que manifestan a súa crua interacción coa realidade. Negros sen adulterar onde as sombras se confunden co obxecto evocado que nos fan recordar aos negativos dunha fotografía. O negro non é tanto o que se ve, senón o que se sente ante a inmensidade e a fragmentación: angustia, afogo e dor.
No comments:
Post a Comment