Falabamos nesta entrada de hai case dous anos da "mail art", a arte postal, unha orixinal proposta baseada no principio de mandar pequenas obras obras de arte a través do correo postal.
Cal é a miña sorpresa ao descubrir que en Ribeira, Manoel Bonabal fai unha convocatoria aberta a enviar propostas de mail art que remata o 15 de marzo de 2018.
Na súa bitácora, A ribeira, a beira de, indica que a técnica e tamaño son libres, e que as obras recibidas serán expostas en Ribeira e no seu blog. Animádesvos? Bulide, que non queda moito tempo.
Grazas, Marga Santiago por facerme saber desta xenial iniciativa!
Cartaz de Manoel Bonabal |
No comments:
Post a Comment