Wednesday, June 29, 2016

Letters in Music: "Aš ant balto smėlio parašiau tau laišką"

A República de Lituania,  "o tigre báltico", é un dos países que me encantaría visitar no futuro próximo: Vilnius (a capital) e o seu casco antigo barroco (o meirande do norte de Europa), as praias do istmo de Curlandia coas súas dunas móbiles, o río Nemunas ou a reserva natural do golfo de Kursiu son algúns dos seus atractivos que seguro que paga a pena visitar.

Fonte:https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons
Da maior das repúblicas bálticas, da man da encantadora Simona Armonavičiūtė,  chegoume unha escolma de cancións lituanas que tratan do tema das cartas, que irei presentando en varias entradas e que espero que vos dea tamén unha idea do acento cantareiro desta lingua, o lituano, que é recoñecida como unha das linguas indoeuropeas vivas máis conservadoras e que retén máis características do protoindoeuropeo, perdidas xa noutras linguas indoeuropeas.

Quédanvos aquí dúas versións dunha mesma canción sobre unha carta escrita na area, cuxas dúas primeiras liñas din:

Escribinche unha carta na area branca,
unha longa carta de amor desde o fondo do meu corazón









No comments:

Post a Comment