Tuesday, June 14, 2016

Words in Poems: Nizar Qabbani (I)

نزار قباني  Nizar Qabbani (1923-1998), de orixe siria, é probablemente o poeta árabe máis coñecido hoxe en día. É considerado crucial no feminismo no mundo árabe, pois ademais da súa poesía romántica e mesmo sexual, sacou á luz moitos dos sufrimentos da muller nesta sociedade, integrando na súa poesía a impecable lingua árabe clásica coa viveza e elasticidade da fala coloquial siria.

Cheguei a Qabbani grazas a Raky, a quen lle agradezo a descuberta; e posteriormente a Khadija,  que me falou do home detrás da escrita e me permitiu escoitar os versos coa sonoridade e ritmo da versión orixinal.

Aquí vos deixo dous dos seus poemas que aluden ás palabras ou á escrita, xunto cun intento de tradución ao galego. Veredes que realmente capturan o corazón e fórzannos a lelos unha e outra vez.




Non lles falei de ti... pero 
descubríronte bañándote nas meniñas dos meus olhos
Non lles falei de ti... pero
léronte na miña tinta e nos meus papeis.



Xa que morreron as palabras dos diccionarios
xa que morreron as palabras das letras
xa que morreron as palabras das novelas
gustaríame descubrir un novo xeito de amar
e amareite dacordo a el...
sen palabras.



No comments:

Post a Comment