Fonte: https://literariedad.co/2017/03/19/aviadora/ |
Nunca esquecerei a visita á casa museo de Amelia Earhart en Atchinson (Kansas). Amelia Earhart foi unha muller extraordinaria, unha das primeiras mulleres aviadoras. Independente, forte, decidida, brillante, creativa, atravesou o Pacífico, viaxa 33.000 kilómetros arredor do mundo (case dá a volta completa), mantivo o seu apelido a pesares de casar (cousa pouco común nos EEUU, e máis no seu tempo).
Este podcast de Baúl de Cartas, que xa referenciamos noutra ocasión, está adicado á "Raíña do aire", a "Lady Lindy", ambos alcumes que se gañou dona Amelia. Recolle varias cartas de Amelia, entre elas unha que lle entregou ao seu marido, George P. Putnam, no día da súa voda. O home propúxolle casamento seis veces ata que finalmente Amelia accediu, non sen "dúbidas" e unha sensación de "renuncia", de ser "unha das decisións máis estúpidas da súa vida".
De feito, nesa carta indícalle que non vai haber ningún "código de fidelidade medieval" na súa parella, que se deben comprometer a "non interferir no traballo do outro", e que quere "manter un lugar onde poida ser profundamente [ela] mesma" pois non soporta "os confinamentos, por moi atractiva que sexa a gaiola".
Convídovos a escoitar o podcast na súa integridade, paga a pena.
No comments:
Post a Comment