En pleno centro da cidade de Ourense podedes atopar a libraría Punto e Coma. Na súa web defínense como "ese espazo que imaxinas cando queres perderte entre ducias de obxectos marabillosos". Desde a rúa chamaranche a atención eses obxectos orixinais, moi nosos.
Os meus produtos favoritos (ademais dos libros, claro) son os pósters e postais de Miguel Robledo, un ilustrador ourensán que "plasma soños no papel", combinando as nosas referencias culturais coa innovación e a modernidade.
Punto e Coma é pequeniña e acolledora. A sección infantil é moi completa con libros, xogos e crebacabezas.
Ten tamén todos os libros da Aira Editorial que naceu en Allariz da man da experiencia lectora e lletraferit da libraría Aira das Letras. A súa web indica que son "unha fábrica de soños, un punto preciso onde a imaxinación se converte en belezas de papel".
No comments:
Post a Comment