Na paisaxe de cemento, cabalos desbocados rachan en zigzag unindo liñas de spray con letras de luz. O periscopio da ollada fai o varrido do faro, e Fran Alonso convoca a súa tropa de nácara para cazar espazos e domalos nunha colonización impune da ollada. Bandeiras reivindicativas de palabras escritas pol*s insomnes, moldeadas polas mans argalleiras daquel*s que ciscan adrenalina e espantan covardías ao son das badaladas da lúa.
Bicos de estirpe e versos furiosos bailan sedutores nas ruelas da vida chantaxeando imaxes que non amolecen coa balor.
Tic-tac. O encoro do tempo enche o baleiro de balde e negocia con tatuaxes fosforescentes.
O convite dos Street Poems: Enche os petos coa infrahistoria da cidade.
No comments:
Post a Comment