Monday, August 20, 2018

Word Buffs (IX): Uxía López


Uxía López defínese como "unha rapaza amante da literatura xuvenil, que non sería quen de entender a vida sen libros e sen historias máxicas que por uns segundos son quen de afastarnos da realidade".


Fotografía de Uxía López


Comezou a gustarche ler...
desde os 7 ou 8 anos, sobre todos cos contos infantís porque na unitaria se implicaban moito na lectura.

Ti como nena lectora
Gustábame ler desde pequena e moitos libros lía do cole e outros que vía na biblioteca e me chamaban a atención.

Un libro ou varios ao mesmo tempo?
Se podo escoller, leo un só, pero na escola, durante o trimestre leo un de galego e un de castelán ao mesmo tempo.

Mercar os libros ou lelos prestados?
Merco algún, pero normalmente leo libros prestados da biblioteca.

Gardalos ou deixalos ir?
Gardo os que me chaman moito a atención ou me gustan moito, senón déixoos ou préstoos.

Lugares para ler
Ningún en concreto, onde me atope nese momento. Normalmente no escritorio do meu cuarto, na biblioteca, na clase,...

A lectura – en solitario?
Moitas veces con compañeiros porque che permite falar con eles e comentar a lectura, as sensacións que che trae ese texto.

Rituais lectores
Non en especial. Marco algunha cousa importante, pero nada en especial.

Que estás lendo agora?
Un libro que vamos ler durante a 3ª avaliación no club de lectura. Un libro de historias pequenas sobre mulleres que se chama Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Que lerás despois?
En principio non sei, lerei os que me poñan na escola e os que me vaian chamando a atención na biblioteca ou así. Non teño moito planificado, miro na biblioteca e vou escollendo.

En que momento decides deixar de ler un libro? Das segundas oportunidades?
Teño un que lin como 30 páxinas que non son capaz de engancharme, e volvín tentar ler pero non foi posible. En cambio outro, que ao principio me parecía un tostón, despois encantoume (Aire negro)

Que libros están na lista de "reler"?
Aire negro, porque ao principio parece bastante pesado, pero logo é de acción, misterio.

Un libro que está sobrevalorado
León kamikaze, porque á maioría da clase pareceulle moi divertido, e gustáballes, pero eu non acabei de entender ese libro.

O libro que máis regalaches
Regalo moitos contos que me gustaban a min cando eran pequena, por exemplo aos meus primos pequenos.

Autores/as favoritos/as?
Agustín Fernández Paz gústame bastante e tamén Fina Casalderrey, pero normalmente non vou por autores.

Ler en galego...
sempre que podo. Búscoo porque me chama máis, gústame máis.

Completa como che pete:

· O cómic... normalmente non o leo
· O ensaio... tampouco me chama
· Os libros infantís e xuvenís... son os que máis leo
· A novela... tamén me gusta, sobre todo de misterio e aquelas nas que ti formas parte do conto e che fan investigar a ti na túa cabeza.
· A poesía... non é do que máis leo, aínda que algúns poemas si me gustan.
· O teatro... lin nunha ocasión, dos de lectura obligatoria e gustoume, pero non adoito ler.


Un recordo ou anécdota relacionados coa lectura
Con 3 anos traía contos para a casa, e como non sabía ler daquela, sempre pedía que mos leran.

Stephen King falaba do "constant reader", ti es unha ou hai periodos nos que prefires non ler?
Eu leo regularmente. Durante o curso porque xa teño que ler os da escola, pero en período de vacacións ou no verán tamén leo algún libro máis breve.

Les porque... me parece unha maneira de desconectar do mundo real por un tempo e facer que participe dunha historia diferente.

Escribes algo? O que?
Non. Nunca escribín, non me chama. Prefiro ler máis que escribir.

Outra cousa que queiras compartir
A aquelas persoas que din que non lle gusta ler, anímoas a que busquen e que sigan tentando porque sempre vai haber un libro que che chama a atención porque te vas identificar cos personaxes ou coa historia que che conta.

Would you like to listen to this word buff reading a text from 
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 
by Elena Favilli and Francesca Cavallo?

No comments:

Post a Comment