Facede un oquiño na axenda para ir visitar a Casa Grande do Pozo, a
Sede Afundación, pois teñen unha exposición de
Gervasio Sánchez, "
Vida", que non vos deixará indiferentes.
Trátase dunha selección de 68 fotografías, a maioría delas inéditas que nos expoñen ás cicatrices físicas e emocionais das vítimas de conflitos recentes en Serra Leoa, Kabul, Eslovenia, Bosnia, Croacia, Albania, Cambodia, Liberia ou Kurdistán entre outros.
Agroman as bágoas ao ir comprendendo o vocabulario visual das imaxes, ao somerxernos no océano de cadáveres, membros que non están, próteses, armas, destrución, caos, escuridade e miradas perdidas. No nihilismo espectacular e incómodo que retrata Sánchez, unha busca esa vida que dá título á exposición. Imaxes indixeribles que contan historias sen lóxica, sen argumento nin clímax e que te agarran polo queixo e te obrigan a mirar cando queres deixar de facelo.
Onde está a vida? Onde?
Está no xesto anódino do home que fuma tranquilamente o seu cigarro ao carón dun neno asasinado. Está na luz que irradian os ollos dese neno que, no medio das masas de refuxiados, mira cara o ceo.
 |
Saraievo, 1994 |
 |
Kukes, Albania, 1999 |
 |
Battambang, Cambodia, 1999 |
 |
Monrovia, Liberia, 1996 |
 |
Vinkobci, Croacia, 1991 |
 |
Saraievo, Bosnia-Herzegovina, 1996 |
 |
Saraievo, Bosnia-Herzegovina, 2007 |
 |
Saraievo, Bosnia-Herzegovina, 1997 |
 |
Tahen, Cambodia, 2008 |
 |
Sentilij, Eslovenia, 2015 |
No comments:
Post a Comment