Xa que logo, dende a infancia,
a viaxe foi o pano de fondo,
o ablativo absoluto da parte indestrutible
da miña educación como profeta,
sen paisaxe familiar en que engrenar as circunstancias,
a mecánica das miñas existencias.
Porque daquela idolatraba as letras,
o balbordo da castiza cando crece coa marea,
os fonemas e os conceptos que me cinguían
ao mundo das palabras e tiña resistencia para observar,
con lentitude extrema, a forza e o traxecto
da miña propia caligrafía en alfabeto grego,
era necesario baleirarme para poder encher
de novo.

En A cadencia da fractura (2017)
No comments:
Post a Comment