Wednesday, October 5, 2016

From Hand to Heart: Poetry in the Streets of Santiago

Sempre prefiro camiñar polo monte ou a praia antes que polas cidades, pero cando non hai máis remedio, encántame xogar a buscar tesouros escondidos: o recendo do café, as badaladas das campás, a melodía dun músico, un calcetín do revés, un título novo nos escaparates das librarías ou algunha mensaxe tenra nos muros.






Onte mesmo sorprendeume atopar un dos poemas de Luís Pirucha, un poeta peculiar que podedes coñecer un pouco máis a través desta entrevista, e que dá a coñecer a súa obra a través das redes sociais, dos seus libros que el mesmo distribúe en persoa e deixando os seus textos en diferentes lugares da cidade.


Outro descubrimento accidental foron os carteis de Palabra de artista, unha iniciativa posta en marcha por estudiantes da Facultade de Belas Artes en seis cidades galegas e financiada polo programa  "Iniciativa Xove" da Xunta de Galicia. Frases como "Me sueñan las tripas" ou "Recuerda quién fuiste para no olvidar quién eres" son algunhas das expostas polos/as 38 alumnos/as participantes.

Buscade estas xoias pola vosa cidade!





No comments:

Post a Comment