Thursday, October 20, 2016

Words in Poems: Modesto Fraga


Modesto Fraga (1974)

Cando no silencio berren as palabras
cando as árbores treman nos outeiros,
cando a festa semelle rosa púbere
cando os paxaros foxan tralo vento

cando os ventos varíen a maré
cando a lúa escureza un novo día
cando os días afoguen, cando as noites
cando as noites escurezan no silencio

cando no silencio berren as palabras 

No comments:

Post a Comment