A loucura é un tema recorrente na literatura occidental desde as súas orixes: A Biblia, os mitos, Homero ou o teatro grego trataron dela. Dostoievski (Crime e castigo), Agatha Christie (And Then There Were None; Appointment With Death), Harper Lee (To Kill a Mockingbird), Charlotte Brontë (Jane Eyre), Edgar Allan Poe ("The Fall of the House of Usher") ou Chuck Palahniuk (Fight Club) son só algúns dos autores que fixeron unha interpretación literaria da loucura, ben reflectindo e/ou cuestionando suposicións médicas, políticas, culturais, relixiosas e psicológicas do seu tempo. Son evidencias da nosa propia preocupación polo funcionamento da mente e o enorme espectro da experiencia psíquica.
Dentro desta fascinación pola loucura e a ameaza que supón, enmárcase A antesala luminosa (2015), de Antonio Tizón, que constitúe a primeira dunha tetraloxía de novelas protagonizadas polo inspector Xosé Sánchez Pereiro.
Decadente e depravada, a novela case se podería clasificar como "folk noir" a pesares de discorrer entre Ourense, Madrid, Santiago e Coruña, contra o telón de fondo de acontecementos históricos coma o golpe de estado en España, a invasión das Maldivas, ou o goberno de Fraga.
A aparición de dous cadáveres calcinados na madrugada de San Xoán desencadea a investigación de Sánchez Pereiro, que se resolve de xeito sucinto nas seis últimas páxinas. Realmente é unha escusa, e máis ben examinamos un grupo de xente e as súas relacións, e nun nivel máis profundo, facemos unha análise interna (a través da novela dentro da novela) e externa (a través da análise de Sánchez) dos desordes mentais ou da progresiva perda de cordura de Gustavo Gallego.
Gallego é a besta no corazón do labirinto, e somos testemuñas da desintegración das súas dúas historias: a vital e a narrativa. Igual que a novela, que recibimos en anacos, a de Gallego é unha vida fragmentaria, anaquiños dun espello que non chegan a reflectir a luminosidade desa antesala múltiple que se anticipa no título. Unha estancia que se concibe coma as celas da colmea que aparece no soño de Gallego (p. 209), poliédrica, interconectada, preludio de nada: ás veces é o matrimonio ou o amor ("a antesala luminosa do altar", pp. 39, 49, 124), outras é a morte ("a morte era unha antesala luminosa que se cruzaba para chegar a outra vida", p. 83, 124), outras a loucura ("... cruzarías estoutra antesala luminosa, que é a loucura, que conduce ó recanto máis escuro da alma", p. 124), outras a morte ("á escura disolución da memoria na morte, que conduce ó inferno", p. 124, 209) pero en todo caso sempre ten ese carácter inevitable e mesmo fatalista.
Onde está a luminosidade? Non hai solaz na desolación da tolemia, non é "fantástica, non é creativa, non é marabillosa, non é bendición ningunha" (p. 126). Porque aínda que Gallego pode ser un tolo "marabilloso e nada perigoso" (p. 95), "un tipo extravagante cunha sensibilidade especial" (p. 117), unicamente a comida e bebida (descritas en todo detalle) e as visitas aos prostíbulos proven un disfrute, aínda que sexa temporal.
Neste mundo escuro, escusa o lector de buscar o punto de non retorno, o que manda a Gallego "round the bend". Quizais o accidente? Non o sabemos. Ao mellor nin sequera chegou a ese punto onde xa non hai volta atrás. Ou quizais se desdebuxa a liña que separa cordura e loucura. Outras personaxes pasean por esa antesala da loucura, coma Pedro Souto Varela. Ao fin e ao cabo, "a esquizofrenia está ao alcance da mente" (p. 29). O mesmo Sánchez asoma ao limiar desta antesala. Coma o detective arquetípico, adoece de algo que o imposibilita ou bloquea para as relacións (mesmo as conexións) humanas, e tamén coma o clixé, déixase levar por unha tenaz persistencia a fin de resolver o caso.
A prosa non é para minimalistas, arde a lume lento, alternando os capítulos de investigación de Sánchez, máis estruturados e dialogados, cos extractos da novela de Gallego, unha narrativa de corrido, sen parágrafos e case obsesiva, psicótica, estresante.
Hai cartas na novela: As de María ao seu mozo (p. 136), e en especial, "a carta do encantamento" (p. 35) que escribe Gustavo Gallego con ansias de "comunicar, de facer literatura". E é este aspecto de metaliteratura, de reflexión do acto de escribir e de ler, o que máis gocei do libro:
"A información ou é crítica ou non é nada. Crítica no sentido de cribar. Para informar hai que cribar, hai que seleccionar, hai que traballar" (p. 79)
"...recitando en voz alta os seus poemas predilectos, coa esperanza de recupera-lo sosego, de volver á realidade" (p. 84)
"Ningunha frase, por conmovedora que sexa; ningunha bágoa, por auténtica que pareza, pode substituí-la forza dos feitos" (p. 105)
"Por iso escribía desde sempre, porque era a forma máis barata, accesíbel e gratificante de crear mundos ó seu gusto. Logo queimaba os escritos que non aguantaban o paso do tempo..." (p. 106)
"Sería verdade iso que din algúns escritores que son incapaces de le-los seus textos unha vez publicados? (...) Ou é que lle daba vergonza? Espirse ante os demais sempre dá un pouco de vergoña. E no caso da literatura, só se xustifica se se fai con dignidade, con calidade artística" (p. 218).

No comments:
Post a Comment