Friday, October 28, 2016

Letters in Poems: Miro Villar (III)

T
¿Quen dixo que foi polo meu desexo
esta separación, este vivir sen ti?
A miña túnica está aínda transida do teu aroma,
aínda gardo entre as miñas mans a carta que enviaches.

Emperador Wu Ti

XXI

Un envelope branco gardo como tesouro
na furna do desexo, tan só sesenta e catro
palabras acugulan o cofre de aloumiños
pero a inmensidade do amor fai que parezan 
centos e centos. hoxe como ladrón agocho

os froitos da rapina na gorida selada
onde conto e reconto nos beizos os diamantes
prezados que unha chave sen réplica nos dedos
e un corazón blindado reteñen na cornixa
do rostro e na vidreira de ollos indescifrables.

tan só sesenta e catro palabras que declaman
a nobre arquitectura dunha boca na viaxe
dun río, cando evoco, remexendo o faiado
da memoria coa lucia claridade que deita
a bufarda dos días, que nunca quixen tanto

outra boca distinta da túa e dúas trabes
tan pouco ornamentadas como espidos os labios
de riso transparente polos que me condeno.
tan só sesenta e catro palabras que gobernan 
o rumbo delirante dun corazón que rachas

de desamor lanzaban ao embarrancamento,
que tensan a velame para virar a proa
cara ao regreso, longa travesía e semanas
co leme firme esperan polo recibimento
da embarcación pirata con gáveas nos sentidos.

No comments:

Post a Comment