Sunday, October 2, 2016

Words in Poems: Brian Bilston

Brian Bilston é un poeta peculiar, chamado o poeta laureado non oficial de Twitter. Todo comezou cun chío, hai tres anos, que máis que un poema era un xogo de palabras.


YOU TOOK THE LAST BUS HOME

you took
the last bus home

i still don’t know
how you got it through the door

but you’re always doing amazing stuff

like the time
when you caught that train


Neste interesantísimo podcast de BBC Radio 4 Four Thought, Brian Bilston explica que non se considera un poeta porque para el un poeta é alguén de intensidade, serio, e el, pola contra, non se ve así, e ademais, aduce, non sabía nada do pentámetro iámbico, de haikus, e moito menos soñaba con publicar un libro.




Porén, desde aquel primeiro poema, comezou a recibir chíos de lectores que lle dicían:"Odiaba a poesía na escola, pero agora rechouchío os teus poemas" e comezou a examinar o que preocupaba á xente, o que comentaban en Twitter, o que os facía felices e os entretiña e o que os entristecía. Viu que o que máis irritaba en xeral eran as faltas ortográficas e gramaticais. Por cada chío cun fallo había centos de chíos corrixíndoo e comentándoo, o que chaman os anglofalantes, grammar police, especialmente obsesionados coa Oxford comma.

IN PRAISE OF THE COMMA 

How, great, to, be, a, comma, 
and, separate, 
one, word, fromma
nother.

Desde entón comezou a experimentar coa forma sempre dentro das restriccións de Twitter: un caligrama en forma de árbol, unha infografía, un diagrama de Venn ou unha folla de Excel.

Ve Twitter como algo máis que un haiku eterno. É un medio que ofrece "unha oportunidade para presentar poesía onde e cando a xente a precisa, e tamén para interactuar cos/as lectores/as."


WORD SWALLOWING

it was like
she’d swallowed
the dictionary

not because of her
voluminous vocabulary
and vaniloquent verbosity

but the fact she had
an abnormally ample
Adam’s apple

Brian Bilston di que non é poeta, que só busca divertirse. Desde logo, el divertirase, pero os seus lectores tamén.

No comments:

Post a Comment