Carballo é unha vila pintoresca de contrastes. Nunca sabes que sorpresa te agarda en cada visita, e ese misterio non deixa de ter o seu atractivo, un sentimento que describiu moi ben na súa esencia KT Tunstall: "The Beauty of Uncertainty".
Neste caso o descubrimento, despois de Chocolates Mariño e os impresionantes murais espallados pola vila (moitos deles agora tamén enriquecidos en connotacións polos textos de Rosalía Fernández Rial) foi unha pequena tenda con moito encanto, chamada Amai, na rúa Valle Inclán 20.
A dona, Belén, ensinoume con orgullo e cariño os segredos desta cova das marabillas, comezando polo historia do local, que antes era unha imprenta, e que ela conservou ca súa alma de libro e espíritu de tinta: as plaquetas diferentes do chan, os mobles que ela mesma restaurou, os teitos,...
Antes (Fonte: https://www.google.es/maps/) |
Agora |
Salvagardadas pola maxia das palabras, aparecen as riquezas deste reino de artefactos, obxectos e lámpadas marabillosas que só chegarán ao corazón dos que, como Aladín, ollen coa mirada do que nace dentro no profundo.
Belén conta emocionada como a entusiasmou este proxecto despois de anos traballando no mundo da banca, que a deixou desencantada. Ademais, é unha devoradora de libros, e falamos de lecturas, de Julia Navarro (Belén é moi fan de Dime quién soy (2010), eu só lin as dúas primeiras novelas desta autora) e de Joël Dicker (La verdad sobre el caso Harry Quebert (2013), Dolores prométoche que it's next on my list!).
Alén da conversa, Belén recomendoume un fermoso libro, Un rincón de palabras (2016), escrito e ilustrado por Cristina Ayala. Cristina di que “para un bo deseño hai que saber escoitar cos ollos, mirar cos oídos e falar coas mans”, e creo que constitúe unha poderosa declaración de intencións. O libro desde logo está á altura dese propósito. Lupita reflexiona con honestidade cáustica, como todos e todas o deberiamos facer, sobre a necesidade de buscar e crear un mundo de palabras doces, sinceras e boas. A través da ambigüidade, a historia de Lupita non é pechada, é o final do principio, un anaco da torta das emocións decorado coa arte das filigranas de fondant visual que constitúen as vistosas ilustracións. Non só a contido é fermoso, tamén o é o seu deseño, concepción e estética, con láminas impresas en papel de algodón 100% libre de lignina.
E así van eslimandO as palabras, coma caldO de azucre melOsO mentres nos refuxiamOs cOn Lupita nO cOntOrnO da O, couto das cousas marabillosas.
Gracias!!!! gracias con el corazón!!! UN ABRAZO GRANDE COMO LA O DE LUPITA!!!
ReplyDeleteE outro para ti, Belén! :D
Delete