¡Qué pobre fuera
vivir sin sobresaltos!
WALDO LEYVA
(Mondego)
As páxinas, as viaxes e as conversas,
daquela engraxadas polo cuspe morno das promesas,
sostiñan o peso dos meus quilómetros,
o desexo esfameado dos nosos aparellos e a ilusión
que me producía o feito de termos un ao outro,
corpos en que meternos.
Despois chegou a habitación da antítese,
condenáchesme á fixeza,
ao non-movimento e troncei os xeonllos das orelhas,
a incomprensión a pillarme nos adentros, e eu perdín definitivamente
o amor que tiña polas mans:
nin sequera podía mirarme en min,
imposibilitado para escribir o texto
da miña propia traxedia grega.
Porque non houbo tampouco
agasallos naquel suposto baile,
só alento descansado de mañá perdida,
varias manchas diseminadas pola vontade
de transcender as follas de papel e un pavor enorme
ao ficar sosiño e magoado
entre as silvas dunha cousa
que non tiña nin idea de como era:
saír de min e coñecerme desde fóra,
odiarme moito máis ao norte do camiño do Mondego,
onde o bobo fai azuis do topónimo abeleiras.
Pero abofetear que a planta da compensación
foi formosa de ver crecer, explicación:
chámome Problema,
ámame Dionisio, con violencia.
En A cadencia da fractura (2017)
No comments:
Post a Comment