Bangor
1
Non esquezas traer o corazón.
Pero eu quedei pensando nos hábitos do vento.
2
Perdemos o que é noso,
nin un paso máis lonxe que esta chuvia.
Un pouco máis ao norte,
pecho as mans.
El tocábame os dedos.
3
No seu versei de la,
o mapa dunha lingua
sen exército.
Nin pura, nin mancada.
Para que serve a fame?
4
As patacas de Irlanda
non disparan.
Para que serve a fame?
5
Ao norte do que nunca imaxinei
hai un home deitado.
Pecha as mans.
Vou tocándole os dedos
un a un
e non me saen as contas.
6
As ovellas de Gales
non disparan.
Ás veces levan números.
7
El nunca colle o sono.
Queres que sexa libre
e non me deixas.
8
As nación sen estado teñen vento.
En Non son de aquí (2008)
No comments:
Post a Comment