Wednesday, September 13, 2017

Words in Poems: Francisco Cortegoso (II)



A PALABRA OFRÉCESE Á BOCA
e toda esa densidade contida no seu rostro

ningunha, ningunha  - bágoa

man a man sostéñoa sobre o achegado da noite

caerá

se -- entón


man con man o día
como auga

se auga
trazares unha liña até a gravidade do seu gesto

se clara
desde alí lanzarei o meu nome cara a ti

xa pedra, pedra a palabra

como
de man en man --
inutilmente

se pedra

En Suicidas (2016)

No comments:

Post a Comment