e Caín (2016) é o último poemario de Paco Souto (1962), despois de 30 anos do seu primeiro recital individual de poesía na Coruña, como ben recorda nesta entrevista. Nela tamén expresa a súa vontade dunha unidade orgánica, unha estrutura coherente nos seus libros. Así se manifesta en e Caín, xa que como indica Miguel Anxo Mato Fondo nas anotacións previas, podemos seguir tres eixes vertebradores na lectura: o mítico, o erotismo e a escrita. Déixovos hoxe un fermoso poema desta última liña temática.
S/T
Mixta sobre papel
70 x 50
e se tes as mans cheas de arxila
como non haberá ter o xinete
a dozura do teu aloumiño
e se o corpo se che enreda
dorido
na zorra da artrose
como non saber do fume da terra
en cada ola
gardarei as palabras de dicir
no ventre oco dun libro non escrito
e que veña a carroa
de toxos e flores
a cocernos arreo a vida nos poemas
No comments:
Post a Comment