Saturday, November 26, 2016

About Domestic Violence


A violencia contra as mulleres é unha emerxencia global. Afecta de xeito directo a saúde tanto física como mental dunha muller. E afecta á familia. E á comunidade. Perdemos potencial humano. Perdemos vida. 

Segue sendo un estigma. 

Invisible. 

E segue doendo.


Maquinación... (2)

tranquilo, chaval, que están buscando alternativas para mellorar o sector pero ti non sabes aínda cal é o teu sector igual que os nenos e as mulleres con hematomas non saben aínda se darán collido o auricular mesmo se entre as bágoas e o pánico incoloro poderán recordar o número de teléfono de socorro para eses casos nos que a maldade física acada expresión física, isto é, hospitalaria para que a miseria poida ser descrita nun informe que acompañada do correspondente dita sirva unha vinganza tardía, e así tamén no mundo animal, as especies non protexidas vanse extinguido e agardando seren declaradas especies protexidas: LENTO CAOS.


No comments:

Post a Comment