Tuesday, November 22, 2016

Words in Poems: Baldo Ramos



Roubáchesme as palabras
coas que poder dar razón do meu silencio.
Negáchesme a man
que noutro tempo me ofrecera
a imposible resignación de procurarte.
Fixeches do tempo
unha gramática de renuncia,
un lugar no que agochar
as palabras máis ferintes.
Non importa que esteas lonxe
e que medre na nostalxia
a semente do esquecemento.
Tampouco agroma o froito 
sen que podreza antes a flor
que o fertiliza.
Nin importa que a mudez desta distancia
nos impida desandar
o camiño que as palabras nos negaron.


Grazas, Alejandro polo empréstito!

No comments:

Post a Comment