Wednesday, November 9, 2016

Books in Illustrations: Jungho Lee

Jungho Lee é un ilustrador coreano (Seúl) que vén de ganar o World Illustration Award (2016). O xurado resaltou o uso da técnica, pero sobre todo a súa imaxinación tan rica que se plasma en fermosas paisaxes minimalistas. 

Se vedes as imaxes a continuación ou visitades a súa web, concordaredes que o premio é ben merecido, pois crea obras dunha incrible expresión artística, con moitísimo detalle e cun impacto tremendo no espectador. A serie máis recente que ten invítanos a entrar no universo dos libros, que emprega para crear unha colección de metáforas visuais, desde as ás dun avión ata piscinas de estrelas.













Source for all the illustrations: Jungho Lee's website


No comments:

Post a Comment