Tráiovos hoxe un libro entrañable: Unha última carta (2016), de Antonis Papatheodoulou ilustrado por Iris Samartzi e traducido por Manuela Rodríguez na edición de Kalandraka. Recibiu o IX Premio Internacional Compostela para álbum ilustrados e, de certo, é un libro fermoso para calquera neno/a ou non tan neno, porque é velo e desexar ter unha copia.
Ten que ver, por suposto, coas cartas, e a edición coida ese detalle, pois o libro, de tapa dura, vén envolto nun fermoso sobre de cartón.
Abrimos o libro e comeza a historia: "Aquel era o derradeiro día de traballo do señor Costas". A seguinte páxina é unha ilustración luminosa dunha chusquiña oficina de correos nun entorno de idílicos brancos e azuis que asociamos ás illas gregas.
Segundo pasamos as follas, inúndase a retina e léanse as cordas do corazón mentres acompañamos a emoción do señor Costas na súa última entrega. Teñen moito que ver nesta experiencia as ilustracións, verdadeiras metáforas conceptuais cheas de cartas, sobres, selos e palabras.
Convídovos a mergullarvos no mundo seguro, agarimoso e inspirador do Señor Costas.
No comments:
Post a Comment