Fotografía de Dolores López |
Dedos
Véxote coa túa almofada
palillando unha puntilla
de vida e soños.
As nosas soidades foron
coma os fíos
prendidos dos palillos.
Os teus dedos fóronos enredando
e agora son o encaixe
que é a nosa vida xuntos.
en O adeus do vello marinero (2007)
No comments:
Post a Comment