Saturday, November 26, 2016

Collaborative Writing in Magazines: Ling

Adoro a esas persoas que altruistamente te fan partícipe das súas viaxes, experiencias e aventuras a través dos detalliños que che traen de volta. Non me refiro a regalos custosos, ao contrario! Falo de postais, mapas ou calquera cousa escrita na lingua do país. Pequenos detalles que por unha banda demostran que a persoa se acordou de ti, e por outra che permiten coñecer recunchos do planeta que descoñeces, ou revisitar outros pero a través dunha ollada allea.

Nun deses últimos packs de retorno dunha viaxe, unha boa amiga decidiu traerme varios exemplares da revista Ling, a revista de abordo de Vueling. Eles mesmos din que non é unha revista pasiva, senón que queren que os "lectores interactúen coa revista durante o tempo que pasan no avión e fóra tamén. Cada pasaxeiro pode levar á casa un exemplar se así o quixer"

Desde logo a min sorprendéronme gratamente os contidos, pero sobre todo esta sección "La historia que escribes tú" e que se concibe como un exercicio de escrita colaborativa entre pasaxeiros. Xa estou desexando coller un voo para comezar a escribir e ler o que outros escribiron. E que veñan moitas máis iniciativas deste tipo!





2 comments:

  1. É doado ter detalliños coas persoas que os valoran tanto coma ti. Mil grazas unha vez máis por compartir!!

    ReplyDelete
    Replies
    1. Like Piglet, Patri, "even though we have a very small heart, it can hold a large amount of gratitude" :) Thank YOU!

      Delete