Rosalía Fernández Rial
ESCENA XIII: (NATUREZA)
Ilustración de María José Costa Valiño ("Chiña"). Fonte: Vinte en escena (p. 34) |
ESCENA XIII: (NATUREZA)
Se me amas,
afía a lingua dos ollos
e tríncame o corazón,
chutándome, en cada dentada,
verdades que me retorzan o cerebro.
Ispe o establecido
e córtame as pálpebras,
para cegarme cos delirios da lucidez.
Habría que nacer de novo
-dixeron as túas retinas-
mentres eu regresaba xa
ó ventre da natureza.
Aquí,
a terra faille as beiras ao mar,
e, cando esperta a noite,
acaban enxendrándome.
Así que agromo sempre
co seme do océano;
na borda da derradeira ola.
Entón existo, logo logo.
O lombo dos penedos
lévame a cabalo
por un chan vertical,
ata a cúpula da montaña.
Desde a súa cabeza
collo o sorriso da lúa
e guindo un boomerang en cuarto crecente.
Átome a el
porque son o vento que dorme
no berce do astro selenita.
Arrola os crácteres que penso
e cala:
verás, entre o meu cranio furado
as aves das nosas palabras.
afía a lingua dos ollos
e tríncame o corazón,
chutándome, en cada dentada,
verdades que me retorzan o cerebro.
Ispe o establecido
e córtame as pálpebras,
para cegarme cos delirios da lucidez.
Habría que nacer de novo
-dixeron as túas retinas-
mentres eu regresaba xa
ó ventre da natureza.
Aquí,
a terra faille as beiras ao mar,
e, cando esperta a noite,
acaban enxendrándome.
Así que agromo sempre
co seme do océano;
na borda da derradeira ola.
Entón existo, logo logo.
O lombo dos penedos
lévame a cabalo
por un chan vertical,
ata a cúpula da montaña.
Desde a súa cabeza
collo o sorriso da lúa
e guindo un boomerang en cuarto crecente.
Átome a el
porque son o vento que dorme
no berce do astro selenita.
Arrola os crácteres que penso
e cala:
verás, entre o meu cranio furado
as aves das nosas palabras.
En Vinte en escena (2012)
OLa , o poema de Rosalia Fernandez Rial ,gustame moito , e as palabras que eu destaco mais son :"Se me amas,afía a lingua dos ollos e tríncame o corazón "fermosas palabras ,que poden deixarse preto do corazon da persoa que amas..de verdade, ainda que ela Non, no poida escoitar..."So unha persoa sabia pode escoitar e entendelo ben...pois unha amor de verdade,loita ata o final "
ReplyDeleteGrazas Diana , por escoller esta poema
Poema de Rosalia de Castro .
"Ben sei que non hai nada novo en baixo do ceo , que antes outros pensaron as cousas que ora ...eu penso..¿E ti que pensas..e Ben ¿ Para que escribo..
Grazas a toda persoa que lea esta comentario