A casa de empeño
A escritura lenta caligráfica
sábese próxima e certeira
nas breves notas do albarán
entran e saen coa mesma carga
todas teñen un número
unha bolsa e unha cifra
un tintinar de reconto.
As contas caen como moedas no peto dun avaro.
O aprazamento a súplica a promesa
O cálculo sen regateo nun clima en clave de negocio
Unha dama de veludo negro e anel de ouro
Un clink! furtivo e inmediato.
En A elegancia do século (2017)
Viviana Pastoriza, obrigada pola edicion deste texto de principio extraño porque que eu tentei escribir os versos como un libro de cálculo.Sempre agradecida,
ReplyDelete