Friday, May 6, 2016

A Renaissance of Calligraphy

“I love writing. I love the swirl and swing of words as they tangle with human emotions” 

James Michener

Nun mundo que nos bombardea continuamente con información e distraccións (emails, mensaxes, chamadas, publicidade, …) é estupendo desconectar de todo iso e ter tempo para un, que é o que defende o famoso mindfulness, non? A caligrafía permítenos centrarnos nese tempo, porque como se indica neste recente artigo da revista Ya Es Sábado, “la caligrafía es un arte que require concentración y (…) como casi todas las actividades que nos obligan a dedicarles el cien por cien de nuestra atención, relaja”

A práctica en si é relaxante, hai que ralentizar o ritmo e fixarse en cada letra que escribimos. Pero vai máis aló, xa que para ver unha melloría considerable, hai que esforzarse. Se queremos que o texto vaia copiado de xeito máis ou menos uniforme, co mesmo tamaño, dereitiño e con trazo firme hai que practicar e moito. E benvido sexa o esforzo, como diría Manuel del Río. “Discipline in practice, patience in progress”. Porque aparte da disciplina hai que ter a paciencia de esperar a que seque a tinta.

Sumémoslle a isto que calquera persoa, de calquera franxa de idade, pode aprendela. A neuroplasticidade ocorre cando aprendemos e memorizamos algo novo e se estamos buscando unha actividade que a favoreza, a caligrafía é accesible a calquera a non ser que padezamos unha doenza que nos limite.

Está tamen de moda: Vémola en cartelaría e rotulación de comercios, tarxetas regalo, invitacións, pizarras dos bares, e mesmo (en EEUU alomenos), en cartas de agradecemento a unha empresa que nos acaba de facer unha entrevista de traballo.

Aparece tamén hoxe moi ligada á arte. Fixádevos nas librarías en todos esas guías de viaxe alternativas, cadernos, diarios, onde a caligrafía acompaña bocetos a lapis, ou mapas en acuarela. É un método efectivo de comunicar unha mensaxe de xeito fermoso e único.

Por último, é unha aficción pouco custosa economicamente, só se precisa papel e bolígrafo, pluma ou pincel. Segundo aumentemos o nivel de profesionalidade, coma todas as cousas, incrementa o prezo, pero nós decidimos ata onde queremos chegar.

O que está claro é que, como dixo Michener, nos seguimos deixando enfeitizar polo baile da pluma na man, contoneándose coas emocións do corazón.

Grazas Patri Fernández por falarme do artigo!



2 comments:

  1. Eu apuntaríame con gusto a un curso, mais non os dou topado. Alén, os zurdos temos un handicap extra...

    ReplyDelete
    Replies
    1. Estou dacordo, Manolo! Eu tamén me apuntaría... pois imos ter que organizar nós e buscarnos un/ha profesor/a para zurdos.

      Delete