Entre
o 31 de xullo e o 5 de setembro de 2015 tivemos unha linda exposición
colectiva en Ribeira co título Entre mares
que reunía obras de artistas locais coma Jontxu Argibay, Antonio
Pérez, Paco Casal, José Gude ou Loli Regueira. Todas as obras que
alí se presentaron tiñan como factor común o seu sabor salgado e
o mar como manto azul enfeitizante.
Desa
exposición tráiovos hoxe unha peza de Arkaitz Rodríguez Brage
(1988), Poemas de mar (2015), unha peza escultórica que, en palabras de
Rodríguez, “unifica as artes plásticas coa poesía, sempre
reutilizando e dando saída aos erros e ao que parece inútil para
intentar convertilo en fructífero e positivo. Un artista sen éxito
de ningún tipo e un poeta non publicado unen forzas para sacar
adiante algo, un proxecto en común” (Entre
mares. Exposición de arte local e galega,
2015:52).
Empregou
como base un anaco dun cadro rexeitado en varios concursos e os textos
son manuscritos pertencentes a poemas de Rodríguez relacionados co
mar. A peza resulta ser unha onda mariña formada por diferentes
capas e formas de pequenos papeis manuscritos.
Imaxe de http://ofaiadotendagaleria.blogspot.com.es/2015_07_01_archive.html |
No comments:
Post a Comment