Hai regalos que emocionan, por inesperados, porque son unha caricia suave do corazón, porque alguén pensou en ti un día calquera (menudo luxo!) e soubo que ese pequeno detalle che ía gustar.
Velaquí un deses agasallos memorables, que é especial non só porque me encanta, senón tamén porque non quedará para min, irase descompoñendo en anaquiños e viaxando cara outras mans agradecidas.
Trátase de Si tuviera que escribirte (2015) de Alejandra Correa. Alejandra é unha poeta e artista visual uruguayo-argentina, e esta colección de postais contén a seguinte descripción:
¿De qué formas podemos decir el amor? La carta ha sido a través del tiempo una manera de dejar testimonio sobre la maravilla, la duda, el deseo y el dolor que ha dado al mundo el amor. En esta serie de postales, la poeta y artista visual Alejandra Correa y Libros de las Malas Compañías proponen un dispositivo amoroso para darle cuerda a los días.
A primeira das 28 postais contén as instrucións para dar corda ao dispositivo amoroso, proporcionando catro movementos: 1) elixir a un ou máis destinatarios (seleccionados por cercanía, conveniencia ou méritos pessoais); 2) elaborar un plan para o envío (unha postal por día; unha por semana; unha por ano; entregar as 28 á vez a un só amor ou unha a 28 amores diferentes); 3) elixir unha forma de envío (por correo, anónimas, con seudónimo, por debaixo da porta, en sitios públicos); 4) quedar con elas e non envialas, senón ler unha delas cada día.
Gústavos o xogo? Pois está a piques de comezar!
Mil grazas por este marabilloso agasallo.
No comments:
Post a Comment