Wednesday, May 4, 2016

Letters in Poems: Dreht euch nicht um

Referénciovos aquí unha entrada do blog As crebas, de Miro Villar, que xa vos tiña recomendado anteriormente polo seu contido interesante e detallado que mostra un lapis dixital afiado e un traballo de documentación inxente.

Nesa entrada de As crebas aparecían dous poemas de Günter Grass (1927-2015), un dos cales, "Dreht euch nicht um", alude na parte final ás cartas. Lédeo a ver que vos parece. A min dame que é unha reflexión sobre como as decisións que tomamos nos acaban atando dun xeito ou doutro, de aí o moralismo do poema de "non fagas esto ou esto outro". No caso das cartas, olliño co que nos advirte, "quen escribe cartas,/ subscribe / o que ha quedar del algún día".

Aquí vos quedan os dous poemas sacados da entrada de Miro Villar.

Dreht euch nicht um


Geh nicht in den Wald,
im Wald ist der Wald.
Wer im Wald geht,
Bäume sucht,
wirt im Wald nicht mehr besucht.
Hab keine Angst,
die Angst riecht nach Angst.
Wer nach Angst riecht,
den riechen
Helden, die wie Helden riechen.
Trink nicht vom Meer,
das Meer schmeckt nach mehr.
Wer vom Meer trinkt,
hat fortan
nur noch Durtst auf Ozean.
Bau dir kein Haus,
sonst bist du zuhaus.
Wer zuhaus ist,
wartet auf
späten Besuch und macht auf.
Schreib keinen Brief,
Brief kommen ins Archiv.
Wer den Brief schreibt,
unteschreibt,
was von ihm einst überbleibt.

Günter Grass. Do libro Ausgefragt (Interrogado, 1967).

Versión galega de Úrsula Heinze e Ramón Lorenzo na antoloxía intitulada As galiñas de vento (Xerais, 2002) que compilaba textos dos seus tres primeiros poemarios As vantaxes das galiñas de vento (Die Vorzüge der Windhühner, 1956), Triángulo de vías (Gleisdreieck, 1960) e Interrogado (Ausgefragt, 1967).

Non vos volvades
Non vaias á fraga,
na fraga está a fraga.
Quen vai á fraga,
busca árbores,
non o buscan logo na fraga.
Non teñas medo,
o medo cheira a medo.
Quen cheira a medo,
chéirano
heroes que cheiran coma heroes.
Non bebas do mar,
o mar sabe a máis.
Quen bebe do mar,
desde entón só ten
sede de océano.
Non constrúas unha casa,
senón estarás na casa.
Quen está na casa,
agarda
visitas tardías e abre.
Non escribas cartas,
as cartas van ó arquivo.
Quen escribe cartas,
subscribe
o que ha quedar del algún día.


No comments:

Post a Comment