Máis de dous mil negativos dos catorce mil que José Suárez (1902-1974) deixou, están adicados a Galicia, terra onde naceu e na que captou as primeiras imaxes dunha longa carreira fotográfica que o levou polo mundo adiante.
Seguro que moitos de vós vistes a recente exposición sobre este fotógrafo na Cidade da Cultura. Fotos nas que se ve a súa preocupación pola xente e polo seu traballo, ben fose dos gauchos na pampa, dos artesanos do Xapón, os labregos da Mancha ou os mariñeiros galegos.
Na Biblioteca Pública Victoriano García Martí teñen o volume Galicia. Terra, mar e xentes (1981), unha fermosa colección de 160 fotos que amosan os encadres, composicións e actitudes de José Suárez. Poemas de luz e sombra que capturan unha mirada chea de tenrura ás veces matizada ca tristura causada pola espera, a soidade ou a dor.
Se lle botades un ollo a este libro, non deixedes de fixarvos nas mans, que son o punto focal de moitísimas fotografías. Cargadas dun forte simbolismo, fan agromar en nós toda clase de sentimentos.
Aquí vos queda unha mostra.
Aquí vos queda unha mostra.
No comments:
Post a Comment