Díxome que Abecedario da desolación (1997) non era o mellor libro para comezar a coñecer a súa obra, e cando lle preguntei cal era entón, respondeume retranqueiro que probase coa literatura infantil, para de seguido recomendar o seu último poemario, As crebas (2011).
Non o puiden atopar nas librarías locais, así que mentres agardo a que chegue o meu exemplar, conseguín un na Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, que por certo ten unha boa colección de libros de poesía, a máis completa que vin na zona do Barbanza.
A lectura non decepcionou, e moito me alegrou atopar este poemiña que vai na liña dos meus intereses.
Ben certo é que a tradición de escribir cartas e notas manuscritas se ve comprometida na era da tecnoloxía. Pero é esa mesma rareza a que engade valor ao seu carácter único, porque fai sentir especial ao receptor. Un e-mail ou Whatsapp pode ignorarse, pero cando a nota é a man, o que se manda non é só unha mensaxe, senón unha experiencia. Sentimentos pendurados da alma da caligrafía bailadeira, agarimosamente dobrados dentro da caixiña de papel. Dese xeito tan íntimo, entregamos ao receptor posesión deles.
Aquí vos vai Miro Villar:

Notas manuscritas
Futuros palimpsestos as notas manuscritas que
abandonas nos libros das poetas amadas, a perdérense
incertas porque se anuncian tempos nos que as bibliotecas
serán Alexandría neste transo de oráculos que agoiran a
derrota do libro como obxecto.
Dubidosa existencia. Impreciso o destino das notas
manuscritas que descobren lecturas, moitas revisitadas,
nas que os teus ollos limpos intimaron cos versos, nas
que o pálpito suave do teu corpo delgado foi coma
húmido xunco no limo da xunqueira, un tremor
indomable na atonía das horas.
As notas manuscritas voan no inescrutable silencio que o
No comments:
Post a Comment