A Girl Reading a Letter by Johannes (Jan) Vermeer |
Woman in Blue Reading a Letter by Jan Vermeer |
Johannes (Jan) Vermeer (1632-1675) foi un pintor holandés coñecido coma o mestre da "luz holandesa" que seguro que todos coñecedes pola súa famosa obra A moza da perla. A lenda di que, tras gañarlle terras á agua, a cor do ceo de Holanda cambiou porque deixaron de existir marismas e lagos e a luz xa non se reflectía no ceo. A mítica "luz holandesa" só se pode apreciar nas pinturas antigas.
Probablemente, o que máis adoita gustar dos cadros de Vermeer é a forza da composición e o emprego de poucas cores, claras e brilantes. Tamén o inusual da súa temática, representando escenas da vida cotiá, polo xeral, interiores cunha ou dúas figuras e algúns obxectos, plasmados con pinceladas densas e pastosas e cunha iluminación que remarca a intimidade e lles dá un aire de misterio.
Nas catro pinturas que vos deixamos nesta entrada vedes algúns deses momentos íntimos relacionados coa lectura e escritura de cartas.
No comments:
Post a Comment