Monday, April 25, 2016

From Hand to Heart: As mans na fotografía de Sebastião Salgado

Sebastião Salgado (1944), fotógrafo sociodocumental e fotorreporteiro brasileiro e como el mesmo se define, "contador de historias". Ve a vida en cor, pero emprega o branco e negro como unha simple abstracción, unha forma de eliminar distraccións, centrar a atención e concentrarse no que se quere transmitir: a dignidade, a personalidade, a textura dunha rocha, o imperativo dunha mirada ou a profundidade do paisaxe. "Hai cores marabillosas que me dan moitos grises", di Salgado.

A guerra do Congo, os campos do Zaire, Iakarta, Manila, Shanghai, Afganistán, Brasil, Ruanda, Natinga, Mozambique,... son só algúns dos escenarios que este fotógrafo "de denuncia" retratou para ofrecernos una visión inquidante e conmovedora dunha realidade que parece resultarnos incómoda. 

Recoméndovos tamén o documental The Salt of the Earth (2014), de Wim Wenders, onde se retratan os seus 40 anos de cambio de licenciado en economía a fotógrafo emblemático de mirada artística que perde a fe na humanidade e recupera a esperanza a través do amor á natureza. A verdade, o propio documental é unha carta de amor dun fillo, Juliano Ribeiro Salgado (1974) ao seu pai Sebastião.


E déixovos con algunhas das fotografías de mans cicatrizadas de momentos de vida.




“A photographer is, literally, someone drawing with light. A man writing and rewriting the world with lights and shadows”

(Frase tirada do documental The Salt of the Earth)

No comments:

Post a Comment