Tuesday, April 12, 2016

Letters in Poems: Polo correo do vento

Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961) poeta, profesor e tradutor galego, regalounos este poemiña tamén adicado ás cartas, ao encanto de escribir con tinta, meter nun sobre, botar no buzón,... e sobre todo empaquetar sentimentos nese anaquiño de papel, especialmente cando se está lonxe dos que un quere, como é o caso pola dedicatoria do poema.


POLO CORREO DO VENTO
Aos fillos de Galiza que están lonxe dela

Polo correo do vento
mándoche a miña canción,
nun sobre de sentimento
que asinei co corazón.

Escribín liña por liña,
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.

- A esa hora no Valiño,
se cadra, a sombra das arbres
morrera sobre o camiño…-

Ao acaba-la canción,
sequei a tinta, inda verde,
co po da miña emoción.

E logo, funa botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar…

- Estaba todo calado,
no buzón había unha carta
dun luceiro namorado.
 
Waiting for the Mail, by Grant Christian

No comments:

Post a Comment