Thursday, September 15, 2016

A Letter to My Students in Sección Ribeira

"A nossa grande tarefa está em conseguirmo-nos tornar mais humanos"


Dear students and former students,

Como poden caber nas entrañas deste edificio tantísimas experiencias e bos momentos? Como pode albergar ese poder evocador tan forte?

IES número 1 de Ribeira
How can days and nights pass and how can ages bloom and fade like flowers? ... Xa van aló oito anos desde aquel xullo de 2008 en que botou a andar a sección de Ribeira e deixastes entrar as clases de inglés da EOI nas vosas vidas. Permitídeme, por favor, unha pequena homenaxe en forma de exercicio de memoria. Vai por todos/as os/as que pasastes pola EOI e a enchestes de vida. Porque o que se aprende feliz, apréndese mellor, and hopefully, will not be forgotten.





















Véñenche algúns recordos en particular? De que te acordastes ao ver algunha das fotos? A min venme á cabeza a caligrafía de Gabriel, a presentación de Timor de Miguel, de Carmen sobre o  naufraxio do Santa Isabel, ou de Bea sobre o phubbing, a conversa entre Juanjo e Dolores con cancións incluídas, o xuízo na clase no que Elisa era a acusada, a life cooking class de Vicky e a degustación de pumpkin pie,  a exposición explicada por vós de Amnistía Internacional, os poemas sobre Heroes no National Poetry Day, a "voda" entre Marga e Gude e todos nós de invitados, o noticiario, Chús entrevistando ao "alcalde" Belarmino, Susana dando o tempo, o anuncio do servizo de mensaxería con Teresa, Javi, Alejandro e Fátima, ...



... aquelas veces en que vos convertistes en obras de arte vivintes...

... ou en reposteiros...

... e membros do xurado!


... os doces árabes feitos por Khadija...


 ... o debate sobre arte en Porto do Son con Jontxu Argibay...


... as fantásticas presentacións sobre "Movember"...



... as sentidas cartas de agradecemento que vos escribistes uns aos outros...


 ... ou aquela vez en que practicamos os futuros indo ás "fortune tellers" Dolores e Elena.



Sigo dándolle á roda da memoria e sorrío pensando na simpatía de Isaac, na historia musical do pai de Laura Fuentes, na calma de Lucía, en todas as películas e series que coñecemos grazas a Manuel e Andrés, no impresionante caudal de coñecemento e memoria de Juan Carlos, nos contos de Castelao na voz de Daniel, na constancia de Teresa, no precioso sorriso de Isa, na paixón lectora de Chús, nas preguntas de José Ángel, na bondade de Angelica, no apoio e notiñas de Luís, nas recomendacións músico-literarias de Alejandro, na clase de pilates en inglés de Juanjo, nos bailes do mundo con María, no obradoiro de caligrafía con Noriko, nos marcapáxinas de Encarna, no concerto de Chick & Kathryn, no obradoiro con Jarrett, en Curtocircuito, nas coreografías de Raquel, nas indicacións de tecnoloxía de Chema, nas cartas de Fátima, en Juan vestido de noiva, en Paloma xogando ao taboo, na risa contaxiosa de Antón... E por suposto en EOIvisión. Esas horas de ensaio, de bonding, nervios e frustración para logo chegar á satisfacción dun produto feito en equipo. Cancións que creo que ningún de nós esquecerá xamais.








E que dicir dos libros, libros libros? Ai, ese club de lectura do meu corazón. Teño que agradecervos enormemente aos que cada ano vides novos para ler e debater, ás veces textos longos e complexos, e ademais en inglés. Pero tamén quero dar as grazas especiais aos que comezastes hai sete anos e seguides vindo fielmente.

A vós vai o mérito tamén por ter a marabillosa idea de pór en marcha un grupo de teatro. Seize the Day partiu de vós e é voso, e iso nótase na entrega e empeño que lle poñedes, adicándolle horas e esforzo para memorizar o texto e vir aos ensaios e ás representacións malia as vidas ocupadas que levades. Grazas, Loida, por encamiñarnos e enriquecernos.





Tito, Manuel e Susana, é un luxo que compartades con nós o voso talento. A vosa música desde logo deunos momentos íntimos, de pel de galiña e de corazón encollido. Moitísimas grazas!


E as viaxes? Lembrades a nosa primeira, organizada por Pepe? Estupendo aquel percorrido por Liverpool, Dublín, Bristol - mesmo con cinzas de volcán islandés e día extra con tour  de Banksy incluídos. Malta (aquel karaoke...), O Porto (o cruceiro polo Mississippi, lembrades?), Santiago e Nova Iorque - vaia aventuras!








Non podían faltar as ceas aderezadas de boa conversa. Primeiro falando dos exames, das clases - non podía ser doutro xeito, e despois... sempre, sempre algo interesante, desde un poema ata unha canción con acompañamento de acordeón, non si, Pablo?







E por último, os días de roteiros polo Barbanza con tardes de xogos - en inglés, por suposto!- mesmo se hai  tornado ou hai que mollarse ata os ósos.









Non sei se a grande tarefa de Saramago está cumprida ou queda por completarse, pero o que si podo asegurar é que só hai un sentimento que supere a felicidade que sinto: a GRATITUDE.

4 comments:

  1. Miguel Martínez CastroSeptember 15, 2016 at 10:46 AM

    Gracias Diana por facer "my English re-immersion" unha experiencia inolvidable. Gracias polo teu sorriso.
    Keep in touch, love ya!!

    ReplyDelete
    Replies
    1. Miguel/Jack/Earnest/Kylie/... GRAZAS a ti por tantos momentos compartidos e por esas palabras!

      Delete
  2. Diana ficheches que casi toda a miña familia disfrutara do inglés a través de tí, da túa maneira alegre e sempre imaxinativa de facernos aprender. Pero para mín especialmente foi un reencontro fantástico coas clases , có idioma e coas boas mestras. Moitísimas grazas polo teu bó facer,a túa dedicación e o teu sorriso.Un bico

    ReplyDelete
    Replies
    1. Leo! Tamén eu teño moito cariño á túa familia, foi un privilexio tervos de alumnos. Canto aprendín de ti! Lembro con cariño cando preparamos "What a Wonderful World" ou a túa presentación de CPR, as cancións de Leonard Cohen,... Grazas por todos eses retallos de vida!

      Delete