Showing posts with label love. Show all posts
Showing posts with label love. Show all posts

Monday, March 27, 2023

Luns musicais (IV): Luck of Our Own




Luck of Our Own
A sorte sempre ten a culpa

(Jean de La Fontaine)

Palpitacións, números favoritos, trebos de catro follas, figas, ferraduras. Azar. Determinismo. These days our luck is running low.  It's hard to explain but a little bit of rain Seems to follow us wherever we go. Debe ser cousa de vivir en Galicia.


Moita matemática, mecánica cuántica, bioloxía, neurociencia e psicoloxía. Moito controlar as variables, pero como se determina o fluxo dos pensamentos?


Unha pequena causa, que apenas percibimos, determina un gran efecto que non pasa desapercibido, e entón dicimos que o efecto se debe ao azar

Henri Poincaré, Ciencia e método (1908)

En Kansas, onde se escoitaba a Keith antes que casara con Nicole, había tornados e mesmo esas columnas destrutoras eran temporais.  

Xa o di a teoría do caos, que  when we can't roll a seven, And our last lucky penny is gone This world can be tough But I know when our love is this strong We can make a little luck of our own, luck of our own. 


E se non hai sorte, queda o azar, a ilusión e a emoción.

Thursday, February 14, 2019

Love letters: Que nos queda?


O PASADO: 

Aló por agosto do 53, Ferranti Mark estaba pechado nun cuarto da universidade de Manchester escribindo cartas de amor con maquinal frialdade. Todas seguían o mesmo patrón: "Ti es o meu (adxectivo) (nome). O meu / a miña (adxectivo) (nome) (adverbio) (verbo) o teu / a túa (adxectivo) (nome)". Todas ían asinadas coas mesmas iniciais "M.U.C", pero todas eran diferentes. Ferranti Mark era un ordenador, o  Manchester University Computer, e detrás del estaba Christopher Strachey, un programador pioneiro ao que se lle ocorreu coller setenta palabras do Thesaurus de Roget para que se combinasen de xeito explosivo en cen mil millóns de cartas diferentes. Calquera namorado/a ou sedutor/a podía coller o programa e experimentar cambras nos dedos despois de premer o botón unha e outra vez para atopar unha misiva do seu gusto.

David Link, artista e teórico, quedou fascinado con esta idea de reducir o amor a un proceso combinatorio con elementos recorrentes e pasou seis meses tentando resucitar o algoritmo de Strachey.  O resultado? Unha instalación artística, LoveLetters_1.0, que estreou en 2009 e que percorreu medio mundo.


O PRESENTE:

Todas as cartas de amor são 
Ridículas. 
Não seriam cartas de amor se não fossem 
Ridículas. 

Também escrevi em meu tempo cartas de amor, 
Como as outras, 
Ridículas. 

As cartas de amor, se há amor, 
Têm de ser 
Ridículas. 

Mas, afinal, 
Só as criaturas que nunca escreveram 
Cartas de amor 
É que são 
Ridículas. 

Quem me dera no tempo em que escrevia 
Sem dar por isso 
Cartas de amor 
Ridículas. 

A verdade é que hoje 
As minhas memórias 
Dessas cartas de amor 
É que são 
Ridículas. 

(Todas as palavras esdrúxulas, 
Como os sentimentos esdrúxulos, 
São naturalmente 
Ridículas.) 

Álvaro de Campos, en Poemas

O FUTURO:  

Cause the future is now/ Now I'm disappearing... O futuro xa nolo contaron: Theodore Twombly, home introvertido e solitario érguese cada día para escribir cartas para xente que non ten nin tempo nin habilidades. Namora de OS1, unha intelixencia artificial que acaba sendo a súa compañeira.

Para saber máis:
  • Artigo coa historia de Christopher Strachey
  • Entrada nesta bitácora sobre o filme Her

Saturday, July 29, 2017

Love in Poems: Karmelo C. Iribarren




ESO ERA AMOR

Te veía
llegar,
cruzar la puerta,
darme un besazo en el morro,
mirarme a los ojos
de esa manera única,
como sólo tú miras
a los ojos: rompiendo
el calendario.


                          Te veía
hacer esas cosas sencillas
que tú haces
para que el mundo 
entre en razón;

y no sabía
a quién
darle las gracias.