Showing posts with label Celso Emilio Ferreiro. Show all posts
Showing posts with label Celso Emilio Ferreiro. Show all posts

Thursday, May 26, 2016

From Hand to Heart: The Heart in Poems

Se adicamos a entrada número 100 desta bitácora ás mans, era predecible que a 200 ía ir para ao corazón. Historicamente, este órgano tense considerado o asento dos sentimentos. Sempre me pareceu fascinante que os exipcios o viran como a fonte da alma, a memoria, as emocións e a personalidade e, de feito, pesábase no xuízo despois da morte. Curiosamente, durante a momificación, gardábase o corazón e tirábase o cerebro.

Aristóteles tamén o dicía, o corazón era a fonte da intelixencia, o movemento e a sensación, comprían o cerebro e os pulmóns para o arrefriar; e aínda que outras fontes gregas, como Galeno (que pensaba que a razón se orixinaba do cerebro pero as paixóns do fígado!), estaban en desacordo con Aristóteles, o homiño influenciou moitísimo o pensamento europeo na Idade Media e só foi no Renacemento cando se deron conta que o corazón o que facía era bombear o sangue. Punto.

Entón, moitos autores se teñen centrado neste órgano como símbolo do pensamento, as emocións e a alma. E malia que xa sabemos a verdade científica, a metáfora segue persistindo e continúa a namorarnos. Xa vos contarei noutra entrada o que ten que dicir sobre isto o poeta
Xabier López Marqués.

Celebremos daquela esta entrada con cinco poemas escollidos sobre o corazón.
 

O coraçao è pequeno,
coitado, e trabalha tanto!
De dia a ter que chorar,
De noite a fazer o pranto

-          Descríbeme su corazón
-          Parece un lago helado
en el que se va borrando
el rostro del niño que un día fue.


Os trocos

Douche o meu corazón, esta cachimba
na que fumo as tristuras do meu tempo.
douche tamén as azas, este anceio
imposíbel de ser paxaro ou vento.
Regáloche os meus ollos, estas fiestras
do sótano de min, onde resido.
Espido estou, de meu xa nada resta.
Todo o que tiña é teu.
En troques, dame amor, unha surrisa
e déixame ir contigo
collidiños da man.


Never Give All the Heart 

NEVER give all the heart, for love
Will hardly seem worth thinking of
To passionate women if it seem
Certain, and they never dream
That it fades out from kiss to kiss;
For everything that's lovely is
But a brief, dreamy. Kind delight.
O never give the heart outright,
For they, for all smooth lips can say,
Have given their hearts up to the play.
And who could play it well enough
If deaf and dumb and blind with love?
He that made this knows all the cost,
For he gave all his heart and lost.



CAROLYN FORCHÉ

Because One Is Always Forgotten

In memoriam Jose Rudolfo Viera
1939-1981: El Salvador


When Viera was buried we knew it had come to an end,
his coffin rocking into the ground like a boat or a cradle.

I could take my heart, he said, and give it to a campesino
and he would cut it up and give it back:

You can’t eat heart in those four dark
chambers where a man can be kept years.

A boy soldier in the bone-hot sun works his knife
to peel the face from a dead man

and hang it from the branch of a tree
flowering with such faces.

The heart is the toughest part of the body.
Tenderness is in the hands.

Na leira da miña avoa, a terra namora ás raíces das pataqueiras e elas regálanlles o seu corazón con alegría

Graciñas, Miro Villar, por darme a coñecer a poesía de Carolyn Forché

Friday, April 8, 2016

Letters in Poems: Viúvas dos vivos e As Matrias

Traemos hoxe dous poemiñas de temática similar e imaxes semellantes, inspirados na sección “Viúdas dos vivos, viúdas dos mortos” de Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro (1837-1885). O primeiro deles, “Viúvas dos vivos” fai alusión ás cartas e postais escritas polas mulleres con maridos emigrados.  Foi escrito por Manuel Rivas (1957) e atópase na súa colección Do descoñecido ao coñecido. Obra poética (1980-2003).
Teño unha admiración especial por Manuel Rivas desde hai tempo. Con 15 anos leramos no instituto ¿Que me queres amor? (1995) que me encantou –e lembro que era un parecer xeralizado na nosa clase, para que despois se diga que as lecturas obrigatorias sempre son desacertadas – e tamén recordo vívidamente que nunha presentación que fixo en Santiago me adicou o libro e escribiu “A Diana. Resistimos porque soñamos”. Podedes imaxinar o efecto que tivo nunha adolescente. De feito, esas palabras séguenme enfeitizando, así como a obra de Rivas.

O seus últimos libros, “xemelgos siameses” como el os chama, o poemario A boca da terra e a novela O último día deTerranova, son preciosos, cada un na súa liña e complementándose mutuamente. Recoméndovos a súa lectura, pero entretanto quedamos con este poemiña:

VIÚVAS DOS VIVOS

Elas escribían cartas
con abrentes de mel e biscoito
e chegaban postais con vermellos tranvías,
xardíns de acuarela,
cadelos de algodón
e unha parella absurdamente feliz enriba da ponte de
Westminster

E estoutro poema de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), extraído da súa Poesía galega completa (2004) mantén  a figura da viúva de vivo como representación penelopiana de Galicia sometida á crise económica e social ata o punto de obrigar aos seus habitantes á emigración masiva, principalmente á América; e engade tamén ao seu contrapunto, as viúvas dos mortos.

AS MATRIAS

Viúdas de vivos,
-panos de lúa e bágoas-
agardan ós ausentes
que as búsolas levaron
polas duras vereas do desterro,
onde camiña a estirpe esparexida
en busca dos abrentes labradores.

Viúdas de mortos,
noivas de escuros mártires,
irmás dos inocentes,
inmolados á ira,
agardan nos insomnes
arrabales das albas
a que volte a luz restituída

Thursday, March 31, 2016

Epitafios - Cartas póstumas?

En Galicia segue habendo unha certa sacralización dos cemiterios, creo que derivada do feito de que a morte segue a ser un tema tabú. Pola contra, non podo ocultar a miña fascinación por estes lugares. Non me malinterpretedes, non é un interese mórbido, pero o patio de recreo da nosa escola (que en realidade era o Teleclube) era o cemiterio, así que creo que os nenos da miña parroquia compartimos esa despreocupación e case compañerismo cara os que están baixo terra. De aí que comparta a visión do poema de Celso Emilio Ferreiro e ademáis me guste explorar cemiterios e ler os epitafios, verdadeiros poemas nalgúns casos.

ESCRITO NA PAREDE DO CEMITERIO

Si os que xacen dentro non poden saíre,
i os que viven fóra non queren entrar
istes rexos muros que coutan as campás
son un monumento da idiotez humán.

Malia que a práctica de dispoñer unha inscrición sobre a tumba xa se levase a cabo no Antigo Exipto, berce da escritura funeraria en Occidente, o epitafio como xénero literario ten a súa orixe na Antigüidade clásica, coñecida como laudatio funebris e que se segundo o Diccionario de termos literarios (2003:146) pode estar escrito “en prosa ou en verso, e convida á lembranza dun ser desaparecido e propón unha reflexión sobre as súas calidades ou sobre a morte en xeral. Ademais, en canto aos temas dos que se ocupa, relaciónase cos tópicos literarios temporais coma o ubis sunt, o contemptus mundi, o memento mori e o carpe diem".

William Wordsworth publicou en 1810 unha interesante colección de ensaios titulada Essays upon Epitaphs, reflexión de carácter metafísico sobre a morte que vencella o acto de morrer co acto da escrita e presenta o epitafio coma unha inscrición que une o mundo dos vivos e o dos mortos. Comparto esa visión do epitafio como ponte entre dous mundos e o seu carácter de "carta" póstuma.

Ademais, en Galicia temos unha tradición xenérica relativa aos epitafios. Temos aos galegos Álvaro Cunqueiro que escribiu poemas elexíacos e a Celso Emilio Ferreiro co seu Cimenterio privado (1973), divertidísima colección de epitafios de tipos humanos estereotipados coma “O optimista”, “O treidor” ou “O sentimental”. E máis recentemente Miguel Anxo Murado co seu Lapidario, que lin por recomendación dun alumno, Alejandro Amor, e do que gocei de verdade, pois Murado explota a natureza epigramática do epitafio ás veces con intencións humorísticas e outras con afán sintetizador.

Ben podía citarvos algúns dos epitafios dese libro, pero tráiovos hoxe un de Kirmen Uribe (1970), a quen tiven oportunidade de escoitar en Pamplona recitando un par de textos do seu poemario Bitartean heldu eskutik (Mientras tanto cógeme la mano). Ademais de poeta, é autor de proxectos multimedia nos que combina a poesía con diferentes disciplinas artísticas.

O poemiña está inspirado no epitafio do poeta inglés John Keats (1795-1821). Como contexto, dicirvos que John Keats quería que se incribise no seu epitafio: “Here lies one whose name was writ in water” (aquí descansa un cuxo nome se escribiu na auga). Ao parecer a frase tomouse de Beaumont and Fletcher’s Philaster (“all your better deeds / Shall be in water writ”). Pero o que pasou é que Joseph Severn, o que o coidou ata que morreu, e o mellor amigo de Keats, Charles Brown, engadiron un contexto un pouco máis acedo e crítico, acto que despois lamentaron: “This grave contains all that was mortal of a Young English Poet, who on his Death Bed, in the Bitterness of his heart, at the Malicious Power of his enemies, desired these words to be Engraven on his Tomb Stone: Here Lies One Whose Name was writ in Water” (esta tumba contén todo o que era mortal dun novo poeta inglés que, no seu leito de morte, na amargura do seu corazón, e ante o poder malicioso dos seus inimigos, expresou o seu desexo de que estas palabras se gravasen no seu epitafio: aquí descansa un cuxo nome se escribiu na auga).


DEL EPITAFIO DE JOHN KEATS
(Kirmen Uribe)

Escribid mi nombre también en el agua,
que en nuestra tierra es la lluvia
quien define la silueta de los hombres

Ben podiamos dicir isto calquera de nós, galegos, non vos parece?