Showing posts with label Lois Pereiro. Show all posts
Showing posts with label Lois Pereiro. Show all posts

Friday, August 23, 2019

Words in Poems: Lois Pereiro (VI)




(E se aínda hai máis vida de onde saiu esta,
á que roubarlle palabras de amor e morte, voulle
retorcer o pescozo ata que sinta nexo do que 
deixa atrás. Pero daquela xa terá penetrado
nun remuíño de silencio e de humildade,
calando máis a miúdo cada vez...)

Declaración

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitentemente.

Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.

Pero a ignorancia salva ós que non queren 
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.

E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.

Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

agosto, 95


En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Saturday, June 1, 2019

The Heart in Poems: Lois Pereiro (IV)




"Mi corazón está con el que un día,
quitado el brillo breve,  retirada la gracia
que hasta allí le alentó,
en bajamar hostil todo cuanto nos hace
dulce la realidad, leve la vida, adorable la luz,
saber decir: 'no importa'."

Carlos Bousoño
Corazón partidario

V

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente?:
días contados de paixón inerte
e amor eterno sempre compartido
coa debela obrigada a unha existencia
amortizada en pagos usurarios
conjugando os verbos vivir e amar
en primeira persoa do plural
reducidos ás formas do presente.

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente
se son un fío solto da esperanza
tecida e destecida
por Penélope?

xuño, 95

En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Saturday, May 4, 2019

The Heart in Poems: Lois Pereiro (III)




(No amor, como na guerra, nunca oímos
o tiro que nos alcanza.
A morte, como o amor, nunca advirte por
onde se nos achega...)

III

Namorado outra vez
do amor que levo dentro
a sede enfurecida dun futuro
esgotou as miñas alternativas
levándome dereito cara ó impacto:
un proxectil conxelado no aire
a poucos metros dun corazón frío
e agar o menor signo de calor
para abrir a súa pel e entrar no sangue
vencido pola forza do desexo
cegamente e sen medo
ó posible desastre.

xuño, 95


En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Saturday, April 6, 2019

Words in Poems: Lois Pereiro (II)




(... and after the last love song, I wrote
all this for them, for her, for you...)


I

A INMERSIÓN no silencio é o que distingue
ós que aman con espírito suicida
dos que somentes son
un soño breve.

Na viaxe nocturna que emprendemos
polo interior dun corpo diferente
un acto de amor é un fluido urxente
de suor bágoas e esperma
contra o medo

palabras desarmadas
desexos que se perden
na néboa de mil noites
entre as sabas revoltas
polo feroz presente
de dous corpos que se esquecen.

xuño, 95


En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Thursday, March 7, 2019

Hands in Poems: Lois Pereiro



"Le vent se lève. Il
faut tenter de vivre..."
Paul Valéry

Revisando os danos

A man dereita á dereita do corpo
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos 
ós meus soños escasos e prudentes.

nadal, 94


En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)