Showing posts with label Xabier P. Docampo. Show all posts
Showing posts with label Xabier P. Docampo. Show all posts

Sunday, January 28, 2018

Letters in Books: O trapecista da malla de rombos

A literatura parece capturar a pura esencia da infancia. Fala do noso eu pequeniño de xeito cativador e envolvente, lonxe do discurso construtivista que categoriza aos/ás nenos/as como "proxectos de persoas" dependentes e inestables que cómpre coidar e educar para que alcancen o seu desenvolvemento pleno.

Por iso nos fascinan personaxes memorables coma Susana (A nena do abrigo de astracán) Oliver (Oliver Twist), Matilda, Balbino (Memorias dun neno labrego), Alice (Alice in Wonderland), Bruno (The Boy in the Striped Pajamas), Anne (Anne of Green Gables), Dorothy (The Wonderful Wizard of Oz) ou Tom (The Adventures of Tom Sawyer).  A través deles recuperamos a frescura e a coloquialidade da voz que nós tamén tivemos unha vez. Recoñecemos a nobreza, o enxeño e a inocencia que eles/as destilan e que pode que nós conservemos... pero xa un tanto esfarrapados.

Fóronsenos esfiañando no camiño cara o desenvolvemento pleno. Fai falta zurcilos. Remendalos cos fíos das historias que nos levan de volta transitoria á patria da infancia que dicía Rilke. Contos que nos fan reabrir o noso baúl (M. Carol), contemplar o remuíño de soños e  ilusión que contén e meternos dentro a apalpar a súa substancia e profundidade. 
Contos coma O trapecista da malla de rombos (2018), a novela máis recente de Alberto Canal. Ao engado dun personaxe peterpanesco únese o atractivo da singularidade e o misterio de Benposta, a Ciudad de los Muchachos. Benposta, unha "cidade" cun autogoberno democrático e autarquía económica que naceu en 1956 e durou uns corenta anos.  A súa Escola do Circo perseguía unha función social e inclusiva, similar ao programa Cirque du Monde do Cirque du Soleil. Acolleu a uns 200 nenos e nenas nos seus 40 anos de existencia.

Fidel desexa ser Iupanki, o trapecista da malla de rombos. Quere ser volteador, e esa ilusión será a súa forza motriz:

"Viña de sufrir un forte ataque de ilusión e iso fixo que por unha miga se sentise o neno máis feliz do mundo" (p.17)
"Non se decatan de que están a xogar cun dos sentimentos máis importantes da historia da humanidade: a ilusión dun neno por interpretar unha cantiga que procura felicidade para o corazón doutros nenos" (p.95) 
"... a memoria do soño de Benposta pervivirá por sempre, porque ningún destes milhomes que se senten poderosos será capaz de matar a ilusión que provoca nos corazóns dos nenos a chegada do circo a calquera lugar do mundo" (p.167)
"Crer, cren os maiores; os nenos só temos ilusión" (p.193) 

Iupanki é o protagonista indiscutible, pero a historia ocorre figurada e literalmente por riba da súa cabeza, no mundo adulto onde os soños deben camiñar pola corda frouxa das acusacións de explotación infantil ou pederastia.

Se Iupanki é o volteador, Benposta e a súa comunidade son o seu portor. Entre os dous (individuo e comunidade) executan o exercicio de equilibrio, balance e tempo. Iupanki non pode realizar as súas piruetas sen as presas de mans que lle serven de apoio no poliedro da vida: Nuna, Maeko, Ruxandra, o padre Silveira, Moacir e os demais. 
"... a Grande Aventura, e esta consistía en vivir unha morea de experiencias humanas na rúa, que lles ensinaban aos rapaces a valorar as cousas importantes da vida" (p.65)
Non se trata dun adoutrinamento. Iupanki é o epítome da resiliencia e a loita por conseguir os obxectivos propostos partindo da súa propia avaliación das circunstancias. A súa agulla de marear sinala a terra dos soños e colle o camiño menos transitado para emerxer ao outro lado da infancia, alén das convencións sociais, a discriminación e os prexuízos. A medida que vai adquirindo a axilidade e o equilibrio do acróbata, vai conformando a súa propia definición do que é a ilusión (p.183).

Canal confronta hábilmente a inocencia do neno cos paradoxos do mundo real, desenmascarando con brutal sutileza as deficiencias da nosa sociedade coma se dunha fábula se tratase, moi ao xeito de  A. de Saint-ExupéryNon é que faga unha idealización da infancia pero, como en Benposta, quédanos claro que "... os nenos sempre ocupan o cumio da pirámide da xente importante" (p.34).

Saltos, volteos e rotacións argumentais sucédense ao ritmo do gran himno da ilusión, alternándose no poliedro deste circo que é o mundo. Todo o relato constitúe un exercicio de preparación para a "execución d[a] gran pirueta mortal" (p.9) que se presaxia na primeirísima páxina. E como veladura traslúcida deste gran cadro, o amor incipiente de Nuna e Iupanki ou o amor doente de Ruxandra e Moacir:
"Iupanki nunca lera nada tan fermoso como aquela carta de amor que mesmo parecía que fora escrita co sangue que a Ruxandra lle abrollaba do corazón" (p.134)
"O mundo non pode vivir sen ilusión" 
(p.141)

Para saber máis:

Sunday, December 31, 2017

Letters in Books: A nena do abrigo de astracán

O sentido de pertenza. Belongingness. Unha necesidade humana de encaixar e de sentirse conectado a outros. Un traballo en equipo en tanto implica aceptación de parte do propio individuo e do grupo. Ironicamente, o sentido de pertenza é apartadizo e xardesco e cómpre unha ligazón co zeitgeist, un aliñamento de experiencias compartidas ou polo menos unha serie de asentimentos de cabeza que nos enlacen co outro. Hai que buscar e coidar as palabras para xuntar e crear comunidade. Saber cales deixar saír e cales calar. Só así chegamos a conectar e permanecer ligados á persoa ou grupo que nos escoita no outro lado da canle.

En caso de emerxencia ou pouca habilidade propia, pódese recorrer a mestres e mestras dos ecosistemas das palabras. Eles crean o espazo onde compartir loitas, vivencias e soños comúns e fanche sentir o conforto do encaixe. Recompoñen o pasado, diseccionan o presente ou preludian o futuro.

Xabier P. Docampo é un deses mestres.  A nena do abrigo de astracán (2017) é un descenso a unha comunidade que é unha zona abisal, un adentramento na negrura co único abeiro dun rastro de luz para nos levar de volta á seguridade do fondeadoiro.

Moitos de nós tivemos a fortuna de entrar no universo literario de Docampo cando eramos nenos,  con aqueles contos que nos fixeron durmir coa luz acesa unha temporadiña (Cando petan na porta pola noite, 1994) e redescubrímolo agora, xa medrados e desde o afecto, cun deses libros que recordaremos toda a vida. Un libro que ademais evocou outras lecturas favoritas: Chocolat, Five Quarters of the OrangeLa ladrona de librosEl festín de Babette ou "The Yellow Wallpaper".


A novela lévanos de volta á infancia da man de Susana, "A Nena de Airas" (p.18). Doce aniños e un "ricto de relaxada tristeza, de tristura vella que xa parece coma unha expresión do seu natural" (p.19). A nena do abrigo de astracán do título, que nunca chora (p.99), debuxa na cómoda (p.169) e é a luz nunha vila na que todo está ao revés. En Ribadaínsua o canto do estorniño é o xemer dun home, a Virxe anda cos peitos ao ar, os fortes morren e os espellos devolven máis que a nosa propia imaxe. 
"A nena sorrí e a figura do espello faino tamén" (p.83) 
"Pero eran eles, a súa mala conciencia a que lles facía ver o seu retrato. Non era Antonina a que retrataba, funcionaban como espellos nos que cadaquén vía a súa verdadeira efixie" (p.371)
En A nena do abrigo de astracán, coma en Five Quarters of the Orange, comezamos amodiño, pois o xeito de contar e o tempo son esenciais. Nas primeiras 80 páxinas, os personaxes van desfilando un a un en interludios breves para crear un consumado e hábil retablo dunha vila imbuída nunha falsa quietude. Baixo ela, revólvense en escorzo o control voraz e o poder asoballante que sempre se mostra de costas, coma os retratados dos bosquexos de Nina.

Ribadaínsua, coma a vila de  Lansquenet-sous-Tannes en Chocolat, é unha fosa que o poder (do Caudillo, de don Amacio, dos homes en xeral) tenta manter en escuridade. Francis Reynaud e don Amancio son dúas caras dunha mesma moeda, un poder eclesiástico que todo o quere vixiar. Nunha sociedade eminentemente masculina, as mulleres coma Vianne (Chocolat), Nina, Engracia e Susana (A nena do abrigo de Astracán) ou Babette (El festín de Babette) fan cambalear a hipócrita piedade da vila pola súa propia esencia e a súa mente artística extraordinaria. A solución? Asfixialas, silencialas. Aplicarlles unha "cura de descanso" (coma á muller de "The Yellow Wallpaper") ou convertilas en parias.

Ante esa ameaza latente, Susana, coma Liesel (La ladrona de libros), aprende a estar alerta, a gardar segredos e ser coidadosa. Liesel atopa conforto nas palabras que deita no seu diario; Susana nos filmes e na pintura do caixón. Liesel chega a entender o poder das palabrasSusana irá aprendendo da vila e da madriña a falar e a calar, e descubrirá as grotescas consecuencias da autocensura e das decisións tomadas nese eido.
"Son desas cousas que suceden tan no fondo do corazón que non saen de alí nunca. Hai segredos, claro que hai segredos que ninguén chega a saber máis que aquel que os garda. Son cousas que non poden saír daquel lugar onde se gardan, porque cando tal ocorre, esvaécense e desaparecen antes de seren reveladas. Vólvense coma fume que non se pode pillar coas mans" (p.84) 
"Aquí ás caladas pasaron cousas terribles, como en tantos sitios, pero sempre se viviu coma se non pasase nada. Todos calaron, mesmo os que sufriron calaron tamén" (p.332) 
"... é un lugar cheo de silencios, demasiados silencios, moito calar de Noso Señor" (p.372)
Palabras que se tragan e palabras que se falan. Outras que se poñen por escrito: As dos libros, as dos xornais que Manuel de Brais le e as das cartas de Fernando. Estas últimas, palabras de tinta, poderosas e directas que cristalizan nunha historia que nos rompe o corazón. Palabras das de tocar que se convirten en talismán, en arma cortante nas mans do receptor. 
"Érguese de súpeto e colle as cartas de Fernando do seu escondedoiro. Non as le, só as ten na man. Volve erguerse e pecha os ollos con moita forza ante o espello" (p.164)
Palabras e historias que Docampo vai encaixando a golpe de claqueta e que resoan pola orde impecable na que están arranxadas, unha escaleta perfecta tanto na páxina como na estrutura global da novela. Os sete filmes que Susana vai vendo constitúen o encadramento da historia e dan título ás partes-escenas do libro: "Historias de Filadelfia", "Luz que agoniza", "O mago de Oz", "Rebeca", "A ponte de Waterloo", "Como era verde o meu val" e "A loba". A través deses filmes, a moza irá gañando entendemento e medrando, porque niso acerta a madriña cando asevera que "As películas falan das nosas vidas" (p.198).

A nena do abrigo de astracán é multimodal, multisemiótica. As evocacións dos filmes que nos vai contando a nena e a retórica do contido verbal son brillantes. Impactan algúns momentos destilados con claridade cinematográfica: a labazada da madriña  (p.166), o corpo de Isidoro chocando contra a superficie da auga (p.128); o "cunco da man de Aurelio" acubillando a da nena (p.132); a fuxida de Paulina (p.187); o lume na casa de Engracia (p.244) ou as bágoas de Susana (p.320).

Unha novela que inqueda, que deixa a pegada da culpa e o remorso. Ben contada, vitalista, triunfal e  tráxica á vez. Unha profunda e súbita visión do belongingness á galega, ese sentido de pertenza fráxil e enganoso na súa esencia.

"A memoria dos sucesos permanece por enriba de que as persoas se resistan a lembralos e, máis aínda, a relatalos. O ar garda as palabras todas que os poden contar, e iso fainos imborrábeis" (p.12)




Para saber máis:

Friday, November 3, 2017

Words in Books: Un mundo de palabras


Un mundo de palabras (2017) foi o título escollido anos atrás por Agustín Fernández Paz para recompilar os traballos que dedicou á lectura. Como apunta Isabel Soto no limiar, o libro é “o legado dun lector". Está dividido en dous bloques: "un primeiro máis subxectivo que aborda “dende a vivencia íntima, convertida en relato biográfico, a súa memoria de lector” (p.8); e un segundo, desde a perspectiva do docente, que se centra no fomento da lectura na educación primaria e secundaria, cun enfoque máis teórico e obxectivo.

Sabemos que pode resultar difícil que a rapazada/mocidade aparte tempo para ler (e desexe facelo). Abundan as distraccións "electrónicas", e para moitos ler é sinónimo da monotonía de facer tarefas escolares. A motivación para ler ten que partir dun interese persoal e dun desexo de facer unha actividade placenteira. Non pode ser unha obriga.  Ese principio subxace todos os artigos do libro de Fernández Paz, que a min me lembrou moitísimo aos comentarios doutro sabio, Xabier P. Docampo,  na súa intervención no XIII Simposio O libro e a lectura: Ler para comprender o mundo (do que xa vos falei aquí) "Ler na escola. O risco de prender lume". Dicía Docampo que a lectura non é só un pasatempo, nin un xeito de adquirir coñecementos, senón que se parece máis que outra cousa a falar só, pois permítenos atopar o que o texto que lemos nos di de nós mesmos. Recordaba que nunha escola a lectura é proveitosa cando se aprende a ler ben, comprometendo a subxectividade do individuo. E indicaba que a verdadeira campaña de animación á lectura pasa por ter PROFESORADO LECTOR. Se nós como docentes non lemos, como vai ler o noso alumnado?

Aí radica o brillo do volume de Agustín Fernández Paz. Percíbese en cada artigo, en cada parágrafo, a paixón dun lector que devece pola palabra, e que desexa compartir eses mundos verbais cos demais. Un volume que debería estar en todas as nosas bibliotecas escolares e que debería ser de lectura obrigada para docentes.
  
“Abre as portas e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo fío de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca” (p.19)

“Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo” (p.21)
  
“Beber soños, beber historias. Unha necesidade que temos todas as persoas, unha ansia que non nos abandona nunca” (p.28)

“... os coñecidos versos de Borges: “Que otros se jacten de las páginas que han escrito; / a mí me enorgullecen las que he leído” (p.35)

Punto cero de José Ángel Valente

SÉ TÚ MI LÍMITE
Tu cuerpo puede
llenar mi vida,
como puede tu risa
volar el muro opaco
de la tristeza.

Una sola palabra tuya quiebra
la ciega soledad en mil pedazos.
Si tú acercas tu boca inagotable
hasta la mía bebo
sin cesar la raíz de mi propia existencia.

Per tú ignoras cuánto
la cercanía de tu cuerpo
me hace vivir o cuánto
su distancia me aleja de mí mismo,
me reduce a la sombra.

Tú estás, ligera y encendida,
como una antorcha ardiente
en la mitad del mundo.

No te alejes jamás.
                                   Los hondos movimientos
de tu naturaleza son
mi sola ley.

                                   Retenme.
Sé tú mi límite.
Y yo la imagen
de mí, feliz, que tú me has dado (pp.43, 44)


“... porque a verdade é máis forte ca ningunha outra cousa, máis luminosa ca o día, máis terrible ca un furacán” (p.51)

“O papel que os profesores podemos xogar na creación e consolidación do gusto pola lectura é moi importante. Só hai que abrir un libro que conteña un texto poderoso e ler en alta voz. Non se precisa máis nada, todo é tan sinxelo como beber auga” (p.59)
  
“Porque todos sabemos que unha persoa que domina os mecanismos da lingua, que coñece o valor exacto das palabras, que é capaz de falar/ler/escribir desde a súa verdade e expresala con claridade e rigor, será sempre unha persoa crítica e creativa, capaz de utilizar plenamente as súas capacidades de expresión/comunicación nunha sociedade libre e democrática” (p.64)

“Dicía Johan Huizinga que “a poesía e o último reduto onde o xogo conserva toda a súa identidade e presenza” (p.79)

“O papel que o profesorado pode xogar na creación e consolidación do gusto pola lectura é moi importante. Un labor no que todo é moito máis doado do que parece, porque só se trata de crear no centro un ambiente que favoreza a lectura. Un ambiente que se crea coa posta en marcha dun variado abano de actuacións...” (p.94)
  
“A min paréceme magnífico este recoñecemento oficial. Creo que o traballo coa lectura nas aulas debe ocupar un lugar central e que non pode ser nunca algo subordinado, unha adherencia á que só se lle dedican algúns momentos puntuais do horario docente” (p.97)

“Por esta razón, parece moito máis idóneo, á hora de confeccionar unha proposta de lectura, ofrecerlles unha “carta” tan variada e xenerosa coma a do mellor restaurante. Unha carta na que se teñen que conxugar varios criterios, para atender precisamente esa variedade de intereses e de gustos, e para que cada alumno atope nela libros adecuados á súa competencia literaria e libros que lle propoñan outras fronteiras temáticas e formais que contribúan a abrirlle perspectivas novas e complexas” (p.101)

“Para min, os libros valiosos son os que teñen vida, aqueles capaces de suscitar en quen os le unha mirada nova, distinta, intensa, sobre as persoas e a sociedade” (p.114)
  
O segredo está en motivar, entusiasmar, contaxiar o gusto pola lectura. Algo que, necesariamente, debe facerse con “libros que fan lectores”, eses títulos que teñen demostradas a súa calidade e a súa eficacia” (p.138)

“A expansión das tecnoloxías da información e da comunicación fai aínda máis urxente esta formación lectora, pois a lectura na rede esixe, cada vez máis, un modelo de lector capaz de discriminar e valorar a inxente cantidade de textos de todo tipo que contén” (p.143)

Monday, December 19, 2016

Letters in Short Stories: "La colección de silencios del Dr Murke"

O xoves e venres pasados tivo lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega o XIII Simposio O Libro e a Lectura: Ler para comprender o mundo. Este simposio reúne a diferentes expertos e promotores da cultura escrita coa finalidade de "reflexionar colectivamente, debater e reivindicar a lectura como cerna e motor de coñecemento".

Foi un alento animador coñecer as iniciativas que se están levando a cabo desde librarías, bibliotecas, centros de ensino, asociacións e editoras para continuar dando á lectura o valor que se merece. Pechouse o simposio cunha intervención de Gustavo Martín Garzo, que debuxou un fermoso esbozo do que implica contaxiar o amor pola lectura, con evocativas imaxes de paporroibos incitando a entrar en xardíns segredos, do lazo entre as apertas e as palabras, do corpo ferido como raíz das historias, ... e neste esquema de ligaduras emocionais, falando da relevancia das palabras e do silencio, fixo referencia un relato de Heinrich Böll (1917-1985) "La colección de silencios del Dr Murke."

Para min foi todo un descubrimento! Böll é un representante da literatura alemana de posguerra ("literatura de escombros"), receptor do Premio Nobel de Literatura no 1972. Desde logo a carta que aparece no relato non é para nada o máis relevante, pero dame a escusa perfecta para deixárvolo no blog. É unha xoia con múltiples capas de lectura que nos recorda que as coleccións verdadeiramente valiosas son as de lugares interiores. Invítovos a gozar da súa lectura (tradución de José Moral Arroyo).


Querida radio: Seguramente no tienes una oyente más fiel que yo. Soy una mujer anciana, una abuelita de setenta y siete años y te escucho a diario desde hace treinta años. Siempre he sido pródiga en alabanzas. Tal vez recuerdes mi carta sobre la emisión «Las siete almas de la vaca Kaweida». Era una emisión magnífica, pero hoy tengo que enfadarme contigo. El abandono en que tiene la radio al alma de los perros va resultando indignante. ¿A eso llamas humanismo? Hitler tenía, sin duda, sus defectos: si ha de creerse todo lo que se dice, era un hombre malo, pero hay algo que no se le puede negar: amaba a los perros y hacía cosas por ellos. ¿Cuándo recobrará el perro sus derechos en la radio alemana? No como lo hiciste en el programa «Como gato y perro», así no; aquello fue un insulto para cualquier ser perruno. Si mi pequeño Lohengrin pudiese hablar, te lo diría. Y cómo ladraba, mi perro querido, mientras se emitía tu desastroso programa, ladraba que a una se le deshacía el corazón de vergüenza. Yo pago mis dos marcos mensuales como todos los oyentes y haciendo uso de mis derechos pregunto: ¿Cuándo recobrará el perro sus derechos en la radio alemana?

Con todo cariño, aunque esté tan enfadada contigo,

tu JADWIGA HERCHEN, SUS labores.

P. D. —Si ninguno de los cínicos sujetos que te buscas como colaboradores es capaz de dignificar el alma canina en la forma debida, sírvete de mis modestos ensayos, que te adjunto. Renunciaría a los honorarios. Los puedes transferir a la sociedad protectora de animales.

Adjunto: 35 manuscritos.

Tu,

J. H.