Showing posts with label cemetery. Show all posts
Showing posts with label cemetery. Show all posts

Thursday, February 23, 2023

Epitaphs (XXVII): Posthumous Letters in Luarca




NENE LOSADA
 
Tendía los sueñus al sol

ya non los recoyía

hasta que taban ensuitus.

Lluegu,

guardábalus nel caixón

de los recuerdus.

A veces,

sacábalus pa que is diera l’aire,

y algunu d’ellus

más atrevíu que los outrus,

iba a metese

entre las páxinas d’un llibru.


Lluarca promociónase como "Villa de nobel, villa blanca de la costa verde". A primeira é en referencia a Severo Ochoa, recoñecido científico a nivel mundial, que recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1959; e a segunda, ao branco que, como se pode apreciar nesta primeira foto, predomina nas súas edificacións.

É acolledora e luminosa, con moitos atractivos coma as vistas dos miradores, andainas polos bosques alisos ou polos cantís do Cabo Busto. Non menos interesante é o seu cemiterio parroquial, polo que vos levamos hoxe de paseo.


Situado na Atalaia, un saínte que se ergue sobre o mar Cantábrico, co mar dun costado e piñeiros do outro, é un excelente observatorio e lugar de descanso, non só para os mortos.

 

 




 

 

Aquí xacen Severo Ochoa e a súa muller Carmen, o xornalista Jesús Evaristo Casariego, ou a poeta Nene Losada  De par das súas tumbas, hai epitafios sorprendentes, rexios, humildes, modestos e fermosos, pero quizais neste cemiterio foi onde vin o máis emotivo e sobrecolledor de todos os que xamais visitei: esta última declaración de amor íntima nun panteón recén selado.




Friday, February 22, 2019

Epitaphs (XXVI): Posthumous Letters in Colliure



Segovia, Madrid, Valencia, Barcelona, Viladesens, Cerbère e finalmente Colliure. Nos seus últimos días Antonio Machado foi nómada. Casas, hoteis e estacións varias que o acubillaron. Unha camisa compartida en quendas co irmán para baixar ao comedor. A praia de Boramar. As casas dos pescadores. Un xoieiro con terra de España. E no peto o tempo e a luz.


Fotografías de Dolores López


En Colliure

Soplaban vientos del sur
y el hombre emprendió el viaje.
Su orgullo, un poco de fe
y un regusto amargo fue
su equipaje.
miró hacia atrás y no vio
más que cadáveres sobre
unos campos sin color,
su jardín sin una flor
y sus bosques sin un roble.
Y viejo
y cansado
a orillas del mar
bebiose sorbo a sorbo su pasado.
Profeta
ni mártir
quiso Antonio ser.
Y un poco de todo lo fue sin querer.

En Estos días azules y este sol de la infancia. Poemas para Antonio Machado (2018)

Thursday, April 5, 2018

Epitaphs (XIX): Posthumous Letters in Dumbría

"-¿O non ter por quén chorar parécelle pequena desgracia, señora?"

Tras dunha porta enferruxada agarda axexante unha explosión de cor, unha contemplación policromática da negrura da morte.  A pantasma de Mondrian recolle liñas de aquí e dacolá e rechea o seu arco da vella con tonalidades de amarelo, rosa, verde e laranxa. Dumbría róuballe o pantone do alén e entrégallo como ofrenda aos seus mortos no primeiro camposanto neoplasticista de Galicia.





Rosana Pichel, armada coa súa paleta mondrianesca, decora os nichos como se dun mandala xigante se tratase. A morte e o sol botan un pulso black and yellow e vén "la muerte echando rasero".  De par da caña d'herbas case lle cadraba ben un pan de muerto.







"ESA FIESTRA NON É UN OLLO da casa, como son as fiestras, pois ela somentes
sirve para que tome a raxeira do sol un cego..."




"A terra non quer perder o corpo que nos empresta"



Deica logo, Dumbría!

"Todos, todos, se riron e ninguén se decata con qué delor a vella namorada
chamará pola morte nesta noite de inverno"



Todos os textos en cursiva foron tomados de Cousas de Castelao.


Para saber máis:
  • Artigo en La Voz de Galicia (05/06/2015)
  • Artigo en La Voz de Galicia (20/10/2010)


Friday, March 9, 2018

Epitaphs (XVIII): Posthumous Letters in Ciriego

Santander, co seu cemiterio de Ciriego, adiantouse a outras cidades creando unha necrópole que cubrise as necesidades da poboación. Ten unha estrutura orixinal, en forma de cruz, que segundo o arquitecto era "emblema de redención cristiá" ao tempo que se prestaba moi ben para a distribución dos ámbitos do cemiterio: capela, osario, sala de autopsias, vivenda do capelán e sepultureiro.






Ao fondo vedes o "panteón vela", de tendencia cúbica e liñal

O cemiterio de Ciriego está incluído na Ruta Europea de Cemiterios e foi recoñecido pola Organización Mundial do Turismo pola súa innovación, difusión e interpretación do patrimonio europeo.

Desde xaneiro de 2016 dispón dunha aplicación móbil con información sobre o patrimonio artístico e rutas culturais por este espazo. Ademais, hai códigos QR nos 35 monumentos máis destacados para que os/as visitantes poidamos descargar información sobre eles.


Monumento homenaxe ás 500 vítimas da explosión do buque "Cabo Machicaco" (1893).
Obra do arquitecto Antonio Susillo.































Sepultura de Dolores Villanueva de Acuña, nai da escritora e pensadora Rosario de Acuña, presidida por un poema escrito por Rosario
A mi madre, Dolores Villanueva, viuda de Acuña, aquí yacente desde 1905.

Ya estoy contigo, madre; 
nuestras vidas caminaron por sendas diferentes, 
llegando, al fin, cansadas y dolientes,
a dormir en la muerte, confundidas.

Por filial y materno amor unidas, 
queden en paz eterna nuestras mentes, 
cual dos opuestas ramas o corrientes 
de un solo tronco o manantial nacidas.

¡No despertemos nunca, madre amada! 
¡Más sí al mandato del poder divino 
el yo consciente surge de la nada,

uniendo tu destino a mi destino,
 llévame entre tus brazos enlazada 
y sigamos las dos igual camino!

Tumba de Augusto Gonzales de Linares
"La vida es un cuento narrado por un idiota con grandes alardes y sin sentido alguno" (W. Shakespeare)
"Amó el bien y logró practicarlo. No hizo mal a nadie. Murió joven de corazón"


Ciriego: O cemiterio que garda memorias de pedra e veludo.