Showing posts with label Concha Fernández. Show all posts
Showing posts with label Concha Fernández. Show all posts

Monday, April 25, 2016

From Hand to Heart: Adiviñanceiro Popular Galego

Luns solleiro en Pobra do Caramiñal!



E como no labirinto da biblioteca de Babel, un libro, unha sorpresa, chama a miña atención na Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí, que é este con ... Adiviñas! 




Para empezar ten unha dedicatoria bonitiña: "A Galicia, país das adiviñas, e a todos os que, con saudade ou morriña, vos sentides identificados coa nosa terra meiga".

Na nosa casa sempre se xogou ás adiviñas, e séguenme divertindo enormemente, como o meu alumnado ben sabe, pois gústame levar adiviñas e enigmas á clase para comezar a quecer as neuronas nos primeiros minutos en canto chegamos á aula.

O libro que vos comento, Adiviñanceiro Popular Galego (2007), é de José Luis Gárfer e Concha Fernández e alén de ser un compendio de adiviñas, ten un coidado prólogo analizando a construcción sintáctica, a esticomitia do nivel fónico e o carácter de alegoría metafórica desta pequeña cantiga. Explica tamén o escenario múltiple onde nace e se acrecenta, os momentos rituais en que se emprega (ou embregaba): nos xogos infantís, magostos, queimadas, esfolladas, muiñadas, fiadeiros e velorios.

E déixovos cunhas xoias adiviñancísticas que atopei, para que fagades traballar tamén a cabeciña, que hai que empezar a semana con enerxía:

1. Leira branca, 
semente moura,
cinco bois 
e a chavella. (p.48)

2. É branca coma a neve,
preta como pez,
fala e non ten boca
anda e non ten pés. (p.303)

3. Branca como a neve
con pretos como o alcatrán;
fala e non ten lingua,
voa e non ten ás. (p.303)

4. Alba como leite,
pintada con romel,
fala sen ter boca,
anda sen ter pés. (p.303)

5. Campo grande,
estrela preta,
cinco bois
e uma carreta. (p.303)

6. Voarei onde me mandes,
sexa onde sexa irei,
inda que non teña ás
inda que non teña pés. (p.304)

7. Nin come,
nin bebe,
nin anda
e pasea
toda España.(p.304)

8. Sou muda por naturaleza,
mais tal non teño comigo,
que, calada, todo digo:
dou gosto e dou tristeza;
porén sou tan desgraciada
que morro esperanzada
e en vivo fogo espiro.(p.304)

9. Falo sen niguén me ouvir,
descubro moitos segredos,
dos crimes fago enredos,
fago chorar, fago rir,
xa camiñei pelo ar,
xa deixei quen me criou
e en calquer parte que estou
en ferro e fogo vou acabar (p.305)

10. Móvome como reloxo,
mais non sou reloxo tal,
a miña raíz espalla,
mais non é cordivexal,
o meu maior amigo
a mim me desexa ver,
o que ele poda sofrer,
eu con ele sofrerei. (p.132)

11. Dele dependen
todos os que o ten,
non os que van,
si os que vén.
Bate sen mas,
fala sen boca, 
nunca saír
pode da toca. (p.132)

SOLUCIÓNS:
1) A man escribindo; 2-8) A carta; 9) A pluma de ave para escribir; 10, 11) O corazón