Showing posts with label shop. Show all posts
Showing posts with label shop. Show all posts

Monday, October 3, 2016

Words in Books: Lupita. Un rincón de palabras

Carballo é unha vila pintoresca de contrastes. Nunca sabes que sorpresa te agarda en cada visita, e ese misterio non deixa de ter o seu atractivo, un sentimento que describiu moi ben na súa esencia KT Tunstall:  "The Beauty of Uncertainty".







Neste caso o descubrimento, despois de Chocolates Mariño e os impresionantes murais espallados pola vila (moitos deles agora tamén enriquecidos en connotacións polos textos de Rosalía Fernández Rialfoi unha pequena tenda con moito encanto, chamada Amai, na rúa Valle Inclán 20

A dona, Belén, ensinoume con orgullo e cariño os segredos desta cova das marabillas, comezando polo historia do local, que antes era unha imprenta, e que ela conservou ca súa alma de libro e espíritu de tinta: as plaquetas diferentes do chan, os mobles que ela mesma restaurou, os teitos,... 

Antes (Fonte: https://www.google.es/maps/)
Agora


Salvagardadas pola maxia das palabras, aparecen as riquezas deste reino de artefactos, obxectos e lámpadas marabillosas que só chegarán ao corazón dos que, como Aladín, ollen coa mirada do que nace dentro no profundo.







Belén conta emocionada como a entusiasmou este proxecto despois de anos traballando no mundo da banca, que a deixou desencantada. Ademais, é unha devoradora de libros, e falamos de lecturas, de Julia Navarro (Belén é moi fan de Dime quién soy (2010), eu só lin as dúas primeiras novelas desta autora) e de Joël Dicker (La verdad sobre el caso Harry Quebert (2013), Dolores prométoche que it's next on my list!).

Alén da conversa, Belén recomendoume un fermoso libro, Un rincón de palabras (2016), escrito e ilustrado por Cristina Ayala. Cristina di que “para un bo deseño hai que saber escoitar cos ollos, mirar cos oídos e falar coas mans”, e creo que constitúe unha poderosa declaración de intencións. O libro desde logo está á altura dese propósito. Lupita reflexiona con honestidade cáustica, como todos e todas o deberiamos facer, sobre a necesidade de buscar e crear un mundo de palabras doces, sinceras e boas. A través da ambigüidade, a historia de Lupita non é pechada, é o final do principio, un anaco da torta das emocións decorado coa arte das filigranas de fondant visual que constitúen as vistosas ilustracións. Non só a contido é fermoso, tamén o é o seu deseño, concepción e estética, con láminas impresas en papel de algodón 100% libre de lignina.

E así van eslimandO as palabras, coma caldO de azucre melOsO mentres nos refuxiamOs cOn Lupita nO cOntOrnO da O, couto das cousas marabillosas.







Wednesday, September 7, 2016

From Hand to Heart: The Heart in Marco Melgrati's Illustrations

Marco Melgrati foi unha descuberta sorprendente a través da rede social Instagram e declárome moi seareira. Este ilustrador afincado en Milán retrata de xeito maxistral temas coma a adición ás novas tecnoloxías, a escravitude ás redes sociais, o xeito de operar dos poderes político-económicos e outros dramas da sociedade. Velaquí vos quedan algúns exemplos, aínda que podedes ver toda a colección na súa tenda


Bye Bye
How Deep Is Your Love
Love Your Enemies
When Love Is Gone
Everybody Needs Somebody to Love
Magritte Remix




Friday, August 26, 2016

Heart of Chocolate: Chocolates Mariño (Carballo)



Se ides a Carballo, na rúa Valle Inclán, onde se cruza coa Cervantes, vedes este edificio que fai esquina e que pasaría facilmente desapercibido se non fose por un aroma irresistible que vos obrigará a deter os vosos pasos. Trátase de Chocolates Mariño, unha fábrica de chocolate artesanal (das poucas que quedan) que leva xa unha boa andadura, pois foi fundada no 1927.

Severino Mariño na súa fermosa tenda
Entras e déixaste levar polas sensacións olfactivas: O ineludible aroma envolvente do chocolate que funciona coma a mellor estratexia de marketing posible. Nin carteis publicitarios nin sinais de neón, non en vano din os expertos que o 90% do que "saboreamos" chéganos en realidade a través do nariz, de forma directa cando ulimos; e indirecta a través do que se chama retro-olfacto, cando mastigamos e expulsamos aire cargado cos compoñentes aromáticos do que estamos a comer.

De seguido, virá o choque visual, pois xunto coas perfectamente aliñadas tabletas e saquiños de chocolate, hai... candeas! Estraña combinación - ou non, un chocolate á luz das velas tampouco está mal.  Se preguntades a Severino e Teresa, donos do negocio, explicaranvos que o herdaron do pai de Severino, José Mariño, que era orixinalmente cereiro pero despois comezou co chocolate, no ano 1927. Eran anos nos que o chocolate era un luxo e só se vendía aos "señores", en palabras da parella, e de feito José ía polas vilas coa súa pedra e a rebola. Poñía na pedra os grans de cacao e ía dándolle coa rebola engadíndolle o azucre para ir amasando e facer as libras que lle encargaban en cada casa.

Pregúntolle a Severino polas fábricas de chocolate en Galicia e dime que antes había moitas máis, dúas ou tres en Santiago e máis en Coruña. Patri Fernández dicíame onte, cando lle comentei a visita, que efectivamente o "chocolate de cascarillas" foi moi popular, e que aos habitantes da Coruña se lles chamaba "cascarillas" ou "cascarilleiros" pola súa afición ao consumo deste tipo de chocolate. Hoxe en día desas chocolateiras só queda a Express (1929), que ten ese nome en referencia ao tren express nocturno que unía  Madrid con Galicia. 

Pero volvamos a Chocolates Mariño. Que opinades dos envoltorios? Son preciosos! "Seguen mantendo o deseño orixinal- continúa explicando Severino, - empregando o que se chamou "etiquetado a la gallega".


E preguntarédesvos cal é a diferencia entre o envoltorio vermello e o azul, como fixen eu. Pois velaquí a resposta.


Pero levando tanto tempo traballando co chocolate coma rutina, xa o deben ter aburrido, non creo que coman moito, non? Teresa explica que para nada. Seguen tomando unha cunca pola mañá e outra á noite. Ela con leite e el con auga. Interesante! E cal é mellor para facer con auga? Pois coma co café, se o tomas só e sen azucre é que che gusta de verdade. O mesmo pasa co chocolate, daquela é mellor empregar o azul, que só ten azucre e cacao. 



Saio da tenda feliz coas miñas tabletas e aínda que estamos en pleno mes de agosto o día neboado preséntase ideal para probar este chocolate aromático e artesanal. Vouno facer con auga, o que era o almorzo da miña nai de pequena. Abro o envoltorio e... 


... marabilla! A cociña imprégnase de dozura e calidez en canto parto as onzas, medrando en intensidade ao irse derretendo na auga.



Velaquí o resultado final. Festa de escuma e aromas. Acórdome de Severino e Teresa. Son feiticeiros habelenciosos. Enganáronme. Non me venderon chocolate: "Colleron a alborada, botáronlle un chisco de rocío, cubrírona de chocolate, e cun milagre ou dous... mesturados con amor, fixeron que o mundo saiba... Mmmmmm".




Tuesday, May 31, 2016

Letters in Books: O meu avó Carmelo

Merlín e Familia is a shop located in Santiago's old quarter (Xelmírez, 14), which takes its name from a fantasy novel (1955) by Álvaro Cunqueiro (1911-1981). With that name you can already imagine it is quite a unique shop. The success of Merlín e Familia is a testament to the tenacity and taste of its owner, Patricia. It is a small shop, but it has what every person dreams of - a truly intelligent selection of items (books, music CDs, china, stationery, bags and jewellery) and someone who can give you reliable advice and further information about the items she sells. As they say in the Michelin guides, worth a detour.




When I visited last time, Patricia recommended a CD by Germán Díaz, Método cardiofónico, with a laidback, intimate tone. Fine mood music. I am leaving you a sample in this video below.



This time I settled for a notebook which is already on its way to Thailand, designed by Laura Tova, a Galician illustrator.




And of course, a book: O meu avó Carmelo (2011), written and illustrated by  Dani Torrent and translated into Galician by Manuela Rodríguez. Even though it does not really deal with letters, the gorgeous illustrations include a lot of them, as you will see in the pictures.







Even though it is a book for children, it is really sweet and moving, a homage to a grandfather who taught the child so much. It is also about the passing of time, maturity and growing up, written from a tender, delicate viewpoint.  As Kalandraka summarises it, "A nostalxia da nenez, o paso inexorable do tempo e o recordo da figura entrañable do avó. Un relato sentimental que chega dende as nubes ao buzón da memoria. "

Monday, May 23, 2016

A Weekend of Words

“We live and breathe words.” 


E nesta fin de semana previa ao comezo dos exames, como dicía Cassandra, vivimos e respiramos palabras da man ao corazón. Queredes velas? 

Primeiro, seguindo as pegadas de Manuel María e o seu Cantigas e cantos de Pantón (1994), nun roteiro literario que nos levou por Ferreira de Pantón, o seu mosteiro cisterciense, San Fiz de Cangas, San Vicente de Pombeiro, Santo Estevo de Atán, San Miguel de Eiré, Nosa Señora dos Ollos Grandes de Augas Santas e os miradoiros da Guítara e do Torrón, todo explicado por unha PROFESORA de admirable elocuencia e simpatía, Flora Enríquez.

Non vos deixo fotografías do roteiro, se queredes descubrir a beleza destes lugares, recoméndovos unha visita, pois as fotos non lle fan xustiza. Non hai mellor ano ca este, adicado a Manuel María, para facela. O que si vos deixo é unha pequena mostra das marcas ou siglas de pedreiros/canteiros que existen nas edificacións que vos indiquei. Estas marcas empregáronse principalmente na Idade Media e o Renacemento en castelos, igrexas, palacios e pontes para identificar a autoría do traballo, e así poder determinar o valor a pagar a cada canteiro; mentres outras servían para indicar a posición en que a pedra debía ser colocada na obra. Unha peculiar forma de caligrafía en tres dimensións que a gliptografía atopa interesante.




Mochetas que suxeitan o tímpano de San Miguel de Eiré (S.XII): unha manciña xunto aos símbolos dos evanxelistas
Outro pequeno tesouro, mellor aínda por inesperado, foi esta libraría comunal en Ferreira de Pantón. Coñecédelas? As "Little Free Libraries" son un punto de intercambio de libros de forma gratuíta: o principio é "colle un libro e deixa outro". Hainas de moitos tipos e tamaños, pero a máis común é a  de formato coma o da fotografía, e das que teño visto moitas en Inglaterra e Estados Unidos, mesmo en Francia, pero é a miña primeira en Galicia e... que emoción tan grande sentín cando a vin! Os intercambios de libros teñen un toque único e persoal: Vemos o que len os vecinos, o que lles gustou tanto que o queren compartir cos demais - son pequenas prazas públicas en si mesmas. Morro por ver moitas máis destas nos nosos concellos!




E onte, domingo 22, pechouse a 34ª edición do Festiletras da man da Fundación Eduardo Pondal na aldea do Couto, cun variado programa cultural que durou oito días. Foi un luxo de luz, hospitalidade,  recendo a xardín, caras de vellos coñecidos (José María, Uxía) e novos descubrimentos.




No propia sé da fundación había dúas exposicións de Viki Rivadullaunha de pintura, "Ser outra cousa" e outra de escultura, "Matria", da que vos deixo as miñas dúas pezas favoritas por estar relacionadas coas mans e coa palabra.

As mans de Francisco Miguel (2016) de Viki Rivadulla

A voz de Uxío (ou aquilo que nos move) (2016) de Viki Rivadulla
Por outra banda no exterior había unha pequena pero excepcional feira de artesanía. Como non, aló me fun, directa a todo o relacionado cos libros e o papel e... que cousas e, sobre todo, que xente me atopei! Permitide que vos presente:


Marina Seoane, escritora e ilustradora 
Marina Seoane escribiu e ilustrou cinco contos propios e ilustrou outros 240 títulos. Como vedes na imaxe, tamén tece nun pequeno tear e vende as súas creacións, ademais de camafeos e marionetas, aínda que a min o que de verdade me namoraron foron as súas ilustracións en forma de postais, que podedes ver na súa bitácora.


Volvemos atopar a Lara de Empaquetando Ando, que coñecemos o ano pasado nos Cantóns da Coruña, en Viñetas desde o Atlántico. Invítovos tamén a visitar a bitácora onde nos explican como fan estes singulares cadernos pintados a man con papel reciclado de imprenta.


Outro fermoso descubrimento foi esta colaboración entre dúas artistas: unha recicla ela mesma o papel e outra ilustra as súas creacións. As ilustracións están inspiradas na nosa cultura tradicional ou en fotografías das súas viaxes, como podedes observar nas entradas detalladas da súa bitácora conxunta. Mirade por exemplo, o caderno de animación ao debuxo e á escritura que vedes na fotografía. Non só ten un exterior moi atractivo, senón que dentro ten debuxiños e actividades de iniciación á escrita creativa, coma esta"Unha fada veu un día a agarimar o meu sono..." que o/a neno/a pode continuar a escribir. 

E para os que coma min coleccionedes marcapáxinas, pois levádela clara, porque estes son de papel reciclado artesanal tamén e con deseños moi bonitiños.

Liberdade. Grupo surrealista galego, de Manchea


Foi un verdadeiro pracer coñecer tamén a Laura e Tono, de Manchea, que nos explicaron con todo detalle e entusiasmo as súas orixinais creacións. Mesmo a descrición que fan deles mesmos na súa bitácora é sobranceira: "en manchea facemos cousas a pedal, cando non, paseamos, miramos todo cos olhos pechados e soñamos con eles abertos". Que me levei da súa tenda? Unha cousa con palabras e que se poida compartir, claro: Liberdade. Grupo Surrealista Galego. Tono explicounos que a caixiña, delicada e elegantemente envolta en papel parafinado, "de carnicería", ilustrado, contiña 22 cartas con poemas de Paul Éluard (1895-1952) traducidos ao galego por Xoán Abeleira, ademais dun avión de papel no que está impreso o seguinte texto: "En abril de 1942, Paul Éluard editou o poema Liberté na colección clandestina "Poésie et vérité". Ese mesmo ano, a aviación británica espallou milleiros de copias sobre a Francia ocupada". Podedes ler o texto completo do poema na súa versión orixinal en francés aquí.

E tamén vedes as tarxetas postais "Máis Amor, por babor", inspiradas na proposta "Mais amor por favor" (2009) do artista brasileiro Ygor Marotta



Só unha irmá se tatuaría o nome do meu blog no seu delicado braciño. Un pouquiño de bonita caligrafía con الحناء

E non podería rematar a entrada sen falar da estupenda banda sonora da mañá, que veu da man de Caxade, banda de "Folp-Pok" como eles mesmos se definen, que escoitamos con deleite o pasado 10 de xaneiro na XI Implícate!, organizada pola ONG Implicad@s no desenvolvemento e que non decepcionaron co directo presentando maiormente temas do seu novo disco E isto é o amor, que xa podedes escoitar na súa web.

Tanto o repertorio musical coma a cercanía destes artistas, a interacción co público, entrega e amabilidade farannos recordar este concerto no Couto con cariño, e agradézolles especialmente aos integrantes de Caxade as palabriñas a man no meu disco-agasallo que ten agora aínda máis valor.


Con Manuel Paino (trompeta, zurdo coma min!), Xosé Tunhas (batería), Manuel Espinho (trombón) e Alonso Caxade (acordeón e voz)
Fotografía de Patri Fernández
A tarde despedíanos maxestuosa no porto de Laxe