Showing posts with label handwriting. Show all posts
Showing posts with label handwriting. Show all posts

Monday, April 16, 2018

The Heart in Poems: Wafi Salih



naufraga en los suspiros

hay que construir
un corazón para el mundo
donde el silencio
no rompa los cristales

Monday, January 8, 2018

Handwritten Poems: Federico García Lorca

Fotografía de Leo Mazaira


A dimensión persoal e íntima da escrita a man. 
Apropiación dos versos na elegancia da tinta.
Regalo sinestésico.

Grazas, Leo!

Sunday, December 31, 2017

Letters in Books: A nena do abrigo de astracán

O sentido de pertenza. Belongingness. Unha necesidade humana de encaixar e de sentirse conectado a outros. Un traballo en equipo en tanto implica aceptación de parte do propio individuo e do grupo. Ironicamente, o sentido de pertenza é apartadizo e xardesco e cómpre unha ligazón co zeitgeist, un aliñamento de experiencias compartidas ou polo menos unha serie de asentimentos de cabeza que nos enlacen co outro. Hai que buscar e coidar as palabras para xuntar e crear comunidade. Saber cales deixar saír e cales calar. Só así chegamos a conectar e permanecer ligados á persoa ou grupo que nos escoita no outro lado da canle.

En caso de emerxencia ou pouca habilidade propia, pódese recorrer a mestres e mestras dos ecosistemas das palabras. Eles crean o espazo onde compartir loitas, vivencias e soños comúns e fanche sentir o conforto do encaixe. Recompoñen o pasado, diseccionan o presente ou preludian o futuro.

Xabier P. Docampo é un deses mestres.  A nena do abrigo de astracán (2017) é un descenso a unha comunidade que é unha zona abisal, un adentramento na negrura co único abeiro dun rastro de luz para nos levar de volta á seguridade do fondeadoiro.

Moitos de nós tivemos a fortuna de entrar no universo literario de Docampo cando eramos nenos,  con aqueles contos que nos fixeron durmir coa luz acesa unha temporadiña (Cando petan na porta pola noite, 1994) e redescubrímolo agora, xa medrados e desde o afecto, cun deses libros que recordaremos toda a vida. Un libro que ademais evocou outras lecturas favoritas: Chocolat, Five Quarters of the OrangeLa ladrona de librosEl festín de Babette ou "The Yellow Wallpaper".


A novela lévanos de volta á infancia da man de Susana, "A Nena de Airas" (p.18). Doce aniños e un "ricto de relaxada tristeza, de tristura vella que xa parece coma unha expresión do seu natural" (p.19). A nena do abrigo de astracán do título, que nunca chora (p.99), debuxa na cómoda (p.169) e é a luz nunha vila na que todo está ao revés. En Ribadaínsua o canto do estorniño é o xemer dun home, a Virxe anda cos peitos ao ar, os fortes morren e os espellos devolven máis que a nosa propia imaxe. 
"A nena sorrí e a figura do espello faino tamén" (p.83) 
"Pero eran eles, a súa mala conciencia a que lles facía ver o seu retrato. Non era Antonina a que retrataba, funcionaban como espellos nos que cadaquén vía a súa verdadeira efixie" (p.371)
En A nena do abrigo de astracán, coma en Five Quarters of the Orange, comezamos amodiño, pois o xeito de contar e o tempo son esenciais. Nas primeiras 80 páxinas, os personaxes van desfilando un a un en interludios breves para crear un consumado e hábil retablo dunha vila imbuída nunha falsa quietude. Baixo ela, revólvense en escorzo o control voraz e o poder asoballante que sempre se mostra de costas, coma os retratados dos bosquexos de Nina.

Ribadaínsua, coma a vila de  Lansquenet-sous-Tannes en Chocolat, é unha fosa que o poder (do Caudillo, de don Amacio, dos homes en xeral) tenta manter en escuridade. Francis Reynaud e don Amancio son dúas caras dunha mesma moeda, un poder eclesiástico que todo o quere vixiar. Nunha sociedade eminentemente masculina, as mulleres coma Vianne (Chocolat), Nina, Engracia e Susana (A nena do abrigo de Astracán) ou Babette (El festín de Babette) fan cambalear a hipócrita piedade da vila pola súa propia esencia e a súa mente artística extraordinaria. A solución? Asfixialas, silencialas. Aplicarlles unha "cura de descanso" (coma á muller de "The Yellow Wallpaper") ou convertilas en parias.

Ante esa ameaza latente, Susana, coma Liesel (La ladrona de libros), aprende a estar alerta, a gardar segredos e ser coidadosa. Liesel atopa conforto nas palabras que deita no seu diario; Susana nos filmes e na pintura do caixón. Liesel chega a entender o poder das palabrasSusana irá aprendendo da vila e da madriña a falar e a calar, e descubrirá as grotescas consecuencias da autocensura e das decisións tomadas nese eido.
"Son desas cousas que suceden tan no fondo do corazón que non saen de alí nunca. Hai segredos, claro que hai segredos que ninguén chega a saber máis que aquel que os garda. Son cousas que non poden saír daquel lugar onde se gardan, porque cando tal ocorre, esvaécense e desaparecen antes de seren reveladas. Vólvense coma fume que non se pode pillar coas mans" (p.84) 
"Aquí ás caladas pasaron cousas terribles, como en tantos sitios, pero sempre se viviu coma se non pasase nada. Todos calaron, mesmo os que sufriron calaron tamén" (p.332) 
"... é un lugar cheo de silencios, demasiados silencios, moito calar de Noso Señor" (p.372)
Palabras que se tragan e palabras que se falan. Outras que se poñen por escrito: As dos libros, as dos xornais que Manuel de Brais le e as das cartas de Fernando. Estas últimas, palabras de tinta, poderosas e directas que cristalizan nunha historia que nos rompe o corazón. Palabras das de tocar que se convirten en talismán, en arma cortante nas mans do receptor. 
"Érguese de súpeto e colle as cartas de Fernando do seu escondedoiro. Non as le, só as ten na man. Volve erguerse e pecha os ollos con moita forza ante o espello" (p.164)
Palabras e historias que Docampo vai encaixando a golpe de claqueta e que resoan pola orde impecable na que están arranxadas, unha escaleta perfecta tanto na páxina como na estrutura global da novela. Os sete filmes que Susana vai vendo constitúen o encadramento da historia e dan título ás partes-escenas do libro: "Historias de Filadelfia", "Luz que agoniza", "O mago de Oz", "Rebeca", "A ponte de Waterloo", "Como era verde o meu val" e "A loba". A través deses filmes, a moza irá gañando entendemento e medrando, porque niso acerta a madriña cando asevera que "As películas falan das nosas vidas" (p.198).

A nena do abrigo de astracán é multimodal, multisemiótica. As evocacións dos filmes que nos vai contando a nena e a retórica do contido verbal son brillantes. Impactan algúns momentos destilados con claridade cinematográfica: a labazada da madriña  (p.166), o corpo de Isidoro chocando contra a superficie da auga (p.128); o "cunco da man de Aurelio" acubillando a da nena (p.132); a fuxida de Paulina (p.187); o lume na casa de Engracia (p.244) ou as bágoas de Susana (p.320).

Unha novela que inqueda, que deixa a pegada da culpa e o remorso. Ben contada, vitalista, triunfal e  tráxica á vez. Unha profunda e súbita visión do belongingness á galega, ese sentido de pertenza fráxil e enganoso na súa esencia.

"A memoria dos sucesos permanece por enriba de que as persoas se resistan a lembralos e, máis aínda, a relatalos. O ar garda as palabras todas que os poden contar, e iso fainos imborrábeis" (p.12)




Para saber máis:

Wednesday, December 20, 2017

Handwriting: Caligraffiti Mr Zé

Escoitaron falar algunha vez do caligraffiti? Para min é unha descuberta recente, grazas a Marga Santiago (grazas, Marga!). Pero xa non é cousa nova: todo comezou hai dez anos coa exposición de Niels "Shoe" Meulman, un grafiteiro holandés que acuñou o termo caligraffiti.

O caligraffiti é, como o o seu nome indica, unha combinación de caligrafía e graffiti. Aúna a parte tradicional das pinceladas xaponesas, a arte decorativa da caligrafía árabe ou os manuscritos iluminados medievais co máis moderno entorno metropolitano do graffiti. Desenvolveuse e perfeccionouse na cidade de New York e é hoxe en día un fenómeno mundial.

"Shoe" é a referencia para a maioría dos *caligrafiteiros, sobre todo no tocante ás técnicas e materiais, así como á busca de novos espazos de difusión para a caligrafía. El nomeou a 25 embaixadores oficiais do caligraffiti en todo mundo:

Adam Romuald Kłodecki (Alemania). Anaroop Kerketta (India), Clément Kens (Francia), Damien Dee Coureau (Francia), Dimitris Valtas (Grecia), El Seed (Francia), Ghalamdar پ. قلمدار (Irán), Jan Koke (Alemania), Jasper6000 (Holanda), Jonas Sunset (Francia), Karl O'brien (Reino Unido), Kirill Plotnikov (Rusia), Михаил Новожилов (Rusia), 모구라 (South Korea), Natas Gronn (Noruega), Paul Ośmiornica (Polonia), Pokras Lampas (Rusia), Rayna Lo (EEUU), Samy Amar (Francia), Schrift Zug (Alemania), Stanislav Koorapov (Rusia), Sto Uvs (Alemania), Tarek-vincent Lézavu (Francia), Warios Wrs (Italia)


En España só hai un embaixador, e este é Mr Ze

Fotografía de Mr Zé cun traballo para o Auditorio de Galicia (nov. 2017)

Na súa páxina web indica de onde nace o seu interese pola caligrafía: "Descubrí el mundo de la caligrafía desde muy pequeño, cuando cayó en mis manos un ejemplar de La Historia Interminable en el que cada capítulo comenzaba con una letra gótica ilustrada. Desde entonces soy un amante de las letras".

E como non adicar unha entrada nesta bitácora a un amante das letras? Botádelle un ollo ás marabillas que crea e dicídeme se sodes capaces de non namorar.


Imaxe de Mr Zé. Romancero Gitano de Lorca, editado por Mil Coeditores e completamente caligrafiado
Imaxe de Mr Zé. Murcia Street Art Project (muro de KOB e Mr. Zé)

Para saber (e ver) máis, convídovos a ver os traballos deste artista na súa páxina web.

Wednesday, December 21, 2016

Writing: Paul Auster

There's a fantastic interview that was published in The Paris Review where American author Paul Auster explains his habits regarding writing, his fondness for writing by hand,  typing his books once they are finished with his Olympia typewriter, and writing in notebooks. I am leaving two of my favorite extracts here, but please, take a minute to dig in the interview. It's well worth it!
PAUL AUSTER
I’ve always written by hand. Mostly with a fountain pen, but sometimes with a pencil—especially for corrections. If I could write directly on a typewriter or a computer, I would do it. But keyboards have always intimidated me. I’ve never been able to think clearly with my fingers in that position. A pen is a much more primitive instrument. You feel that the words are coming out of your body and then you dig the words into the page. Writing has always had that tactile quality for me. It’s a physical experience.


I suppose I think of the notebook as a house for words, as a secret place for thought and self-examination. I’m not just interested in the results of writing, but in the process, the act of putting words on a page. Don’t ask me why. It might have something to do with an early confusion on my part, an ignorance about the nature of fiction. 


Thursday, December 15, 2016

Poems in Letters: Emily Dickinson (III)

Hai unhas semanas saía en The New Yorker un artigo que falaba da poesía de Emily Dickinson (1830-1886) e dos seus gustos e peculiaridades á hora de escribir. Normalmente os seus poemas comezaban como marcas de tinta ou lapis no papel de cartas que se empregaba na súa casa. Para isto, tiña dous emprazamentos favoritos: o seu cuarto,  onde escribía maioritariamente de noite, nunha pequena mesa de 45 centímetros cadrados que tiña un caixón onde o único que cabía era a tinta, o papel e a pluma; ou o xardín onde facía traballos, e daquela escribía con lapis en anaquiños de papel que gardaba nos petos dun vestido branco.

Image source: Tupelo Quarterly

Só se publicaron dez dos seus poemas en vida, de xeito anónimo, porque, dicía ela, publicar era “foreign to my thought, as Firmament to Fin.”  Non é que non quixera que outros os leran, pois a miúdo os enviaba ás súas amizades, acompañados de flores secas, selos, un grilo morto e outros tesouros. Tamén xuntou os seus poemas nuns corenta libriños coñecidos como "fascículos", que ela mesma fixo a modo de autopublicación caseira e artesanal, dobrando folios á metade para formar catro páxinas consecutivas, uníndoas despois con fío branco e vermello. Estes libriños atopounos súa irmá Lavinia na súa habitación xunto con outros poemas en diferentes estadios de composición escritos na solapa dun sobre, na parte de atrás de cartas, envoltorios de chocolate ou anacos de xornais vellos.

Despois de paseos para aquí e para aló e disputas varias, os poemas acabaron no Amherst College e en  Harvard, que por fin no 2013 se puxeron dacordo para facelos dispoñibles en edición dixital, con acceso aberto a todos os manuscritos.

Hoxe en día hai unha edición, “Envelope Poems,” un facsímil a toda cor froito da colaboración entre Marta Werner, estudosa da obra de Dickinson, e o poeta e artista visual Jen Bervin. Hai moitos aspectos expresivos que se preservan cando se fai este tipo de edición: a caligrafía de Dickinson, catalogada por Higginson como "pegadas de paxaros fósiles", o emprego de maiúsculas de diferentes tamaños, o espazo entre as letras, liñas e palabras, as anotacións marxinais ou o uso do símbolo +, entre outras características.

O pracer e o desafío  que achegan estes aspectos á lectura son imposibles de ignorar. Como dixo Susan Howe, "As letras son sons que vemos". E as escritas a man expresan moitos máis sons que as impresas. E se as letras son sons, tamén o son os espazos entre elas, as marxes e os ocos, as formas e outros aspectos materiais do papel que Dickinson manipulou hábilmente.

Thursday, December 8, 2016

My Personal Correspondence: Víctor Ces


I am very moved and pleased to introduce my friend Víctor Ces, who is now 16 but whom I have known since he was nine years old. He has two great gifts: a vivid imagination and an extraordinary drawing skill. I think he was a pioneer in visual thinking, he can put almost any concept you can imagine - no matter how abstract- into a picture.

I am sure glad to have kept all the little notes and drawings he has been giving me all over the years, because they show the growth of a friendship and the evolution of an artist. 

Here you have a recent example of a drawing and small text he scribbled in a few minutes. Pure poetry!

Saturday, November 26, 2016

Collaborative Writing in Magazines: Ling

Adoro a esas persoas que altruistamente te fan partícipe das súas viaxes, experiencias e aventuras a través dos detalliños que che traen de volta. Non me refiro a regalos custosos, ao contrario! Falo de postais, mapas ou calquera cousa escrita na lingua do país. Pequenos detalles que por unha banda demostran que a persoa se acordou de ti, e por outra che permiten coñecer recunchos do planeta que descoñeces, ou revisitar outros pero a través dunha ollada allea.

Nun deses últimos packs de retorno dunha viaxe, unha boa amiga decidiu traerme varios exemplares da revista Ling, a revista de abordo de Vueling. Eles mesmos din que non é unha revista pasiva, senón que queren que os "lectores interactúen coa revista durante o tempo que pasan no avión e fóra tamén. Cada pasaxeiro pode levar á casa un exemplar se así o quixer"

Desde logo a min sorprendéronme gratamente os contidos, pero sobre todo esta sección "La historia que escribes tú" e que se concibe como un exercicio de escrita colaborativa entre pasaxeiros. Xa estou desexando coller un voo para comezar a escribir e ler o que outros escribiron. E que veñan moitas máis iniciativas deste tipo!





Monday, October 24, 2016

Kurt Cobain's Suicide Note

Kurt Cobain (1967-1994) was the lead singer, guitarist, and songwriter of the Seattle-based rock band Nirvana. Nirvana served as outlet for millions of people the world over with their music and their passions. The last few years of Kurt Cobain's life were filled with drug addiction and the media pressures surrounding him and his wife Courtney Love.

On April 8, 1994, Cobain was found dead in his home in Seattle. His death was ruled by authorities as a suicide by self-inflicted shotgun wound to the head. The circumstances surrounding Kurt Cobain's death have fueled much analysis and debate. One of the most compelling points surrounding his death was the suicide note that he left.


NOTE

To Boddah

Speaking from the tongue of an experienced simpleton who obviously would rather be an emasculated, infantile complain-ee. This note should be pretty easy to understand.

All the warnings from the punk rock 101 courses over the years, since my first introduction to the, shall we say, ethics involved with independence and the embracement of your community has proven to be very true. I haven't felt the excitement of listening to as well as creating music along with reading and writing for too many years now. I feel guity beyond words about these things.

For example when we're back stage and the lights go out and the manic roar of the crowds begins., it doesn't affect me the way in which it did for Freddie Mercury, who seemed to love, relish in the the love and adoration from the crowd which is something I totally admire and envy. The fact is, I can't fool you, any one of you. It simply isn't fair to you or me. The worst crime I can think of would be to rip people off by faking it and pretending as if I'm having 100% fun. Sometimes I feel as if I should have a punch-in time clock before I walk out on stage. I've tried everything within my power to appreciate it (and I do,God, believe me I do, but it's not enough). I appreciate the fact that I and we have affected and entertained a lot of people. It must be one of those narcissists who only appreciate things when they're gone. I'm too sensitive. I need to be slightly numb in order to regain the enthusiasms I once had as a child.

On our last 3 tours, I've had a much better appreciation for all the people I've known personally, and as fans of our music, but I still can't get over the frustration, the guilt and empathy I have for everyone. There's good in all of us and I think I simply love people too much, so much that it makes me feel too fucking sad. The sad little, sensitive, unappreciative, Pisces, Jesus man. Why don't you just enjoy it? I don't know!

I have a goddess of a wife who sweats ambition and empathy and a daughter who reminds me too much of what i used to be, full of love and joy, kissing every person she meets because everyone is good and will do her no harm. And that terrifies me to the point to where I can barely function. I can't stand the thought of Frances becoming the miserable, self-destructive, death rocker that I've become.

I have it good, very good, and I'm grateful, but since the age of seven, I've become hateful towards all humans in general. Only because it seems so easy for people to get along that have empathy. Only because I love and feel sorry for people too much I guess.

Thank you all from the pit of my burning, nauseous stomach for your letters and concern during the past years. I'm too much of an erratic, moody baby! I don't have the passion anymore, and so remember, it's better to burn out than to fade away.

Peace, love, empathy.

Kurt Cobain

Frances and Courtney, I'll be at your alter.

Please keep going Courtney, for Frances.

For her life, which will be so much happier without me.

I LOVE YOU, I LOVE YOU!

Bench along the riverside walk (Carballo)

Saturday, October 8, 2016

Handwriting in Exhibitions: "Tutti Frutti"

Ata o 15 de outubro podedes visitar no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela a exposición Tutti Frutti. Gráfica popular e diversidade cultural, comisariada por América Sánchez. Preséntase como un “sinónimo de mestura, variedade e mestizaxe (...) o intento de expresar a liberdade cultural de todos os pobos do mundo a través da súa gráfica popular”.






No propio catálogo indícase que o 90% de todos os autores de gráfica popular do planeta son amateurs autodidactas, espontáneos, intuitivos, alternativos e folclóricos, sen estar ao corrente de modas, tendencias, nin estilos, e dispoñen de escasos materiais, o que xera improvisación tanto na iconografía como na redacción.

A parte que máis me interesou da exposición foi o carácter íntimo das obras.  Primeiro, porque a selección está fotografada e ordenada polo propio comisario, e percíbese na súa unidade temática e estrutura lóxica. E segundo, pola espontaneidade, inmediatez e expresividade das obras: “En canto á forma de cada letra, existe a tendencia xeneralizada de trazar con “sentimento” de debuxo cada letra ou signo, independentemente do seguinte (...) Cada obra é unha peza única e irrepetible”. De aí que a idea moderna de dixitalizar alfabetos caligráficos (e eu engadiría mercantilizalos) é errática e estúpida, porque como Sánchez indica, “producen resultados propios da discapacidade visual”.

Desde logo, a gráfica popular, e as fotografías desta exposición como mostra dela, seducen e envolven ao espectador, e como indica Salvador García-Bodaño, lévannos da man no eido da “cultura social, do acervo de usos, habilidades e costumes dun pobo, a exteriorización do seu universo simbólico”.












Conclúe o seu comentario no catálogo América Sánchez cunha poderosa sentenza coa que concordo completamente: “A esta acelerada era tecnolóxica correspóndelle compartir a súa andaina co humano, lento e vivo tremor do trazo manual”.

Friday, August 5, 2016

Handwriting on the Web

We have talked about calligraphy and handwriting before. The allure of what has been written by hand is undeniable. As you hold a crinkled paper in your hands and run your fingers over the marks on the paper, it is almost as if you could feel the soul of the words written by the sender.

Penmanship Porn, a website which Patri Fernández discovered and shared with me, works as a digital repository of any hand-written text, be it everyday handwriting, calligraphy or hand-written text on chalkboards, whiteboards, and signs.

Below you can see some samples of the type of texts you can find there.





And to conclude, a calligraphy sample by Fatih Öztürk, from Turkey, who is a true artist in this discipline and who presented me with this beautiful handwritten version of my name. Thanks, Fatih!


Thursday, July 14, 2016

Handwriting: 21 Pieces So Perfect They're Borderline Erotic

Patri Fernández compartiu comigo este artigo publicado en BuzzFeed,  unha páxina formada por unha comunidade que selecciona artigos de temática moi variada que lle van mandando os diferentes usuarios. 

O artigo presenta caligrafías fermosas, calificadas mesmo de eróticas. Aquí vos quedan para achegarnos á fin de semana estival cun deleite para os ollos.

1. Just look lustfully at these gorgeous meeting notes.

Just look lustfully at these gorgeous meeting notes.

2. Unnnnnnnnf, this apostrophe…

Unnnnnnnnf, this apostrophe...

3. This Starbucks cup is a WORK OF DAMN ART.

This Starbucks cup is a WORK OF DAMN ART.

4. Can you believe “minimum” is the most beautiful word of all time?

Can you believe "minimum" is the most beautiful word of all time?

5. I want to study these notes All. Night. Long.

I want to study these notes All. Night. Long.

6. *stares at this quote forever*

*stares at this quote forever*

7. THAT IS THE MOST PERFECT 5 ANYONE HAS EVER SEEN.

THAT IS THE MOST PERFECT 5 ANYONE HAS EVER SEEN.

8. And this check mark. OMG.

And this check mark. OMG.

9. Whoever learned to write cursive like this: It was worth it!!!

Whoever learned to write cursive like this: It was worth it!!!

10. This isn’t a font?

This isn't a font?

11. This essay gets an automatic A.

This essay gets an automatic A.

12. Could it be the most beautiful chalk art in the world?

Could it be the most beautiful chalk art in the world?

13. Those “Y” loops, tho.

Those "Y" loops, tho.

14. This sign is so mean, but the penmanship is so pretty!!!

This sign is so mean, but the penmanship is so pretty!!!

15. Scope out this amaaaaaaazing signature.

Scope out this amaaaaaaazing signature.

16. This teacher has my undivided attention!

This teacher has my undivided attention!

17. Look at this weird but wonderful handwriting on a card.

Look at this weird but wonderful handwriting on a card.

18. How could you not follow every item on this GORGEOUS to-do list?

How could you not follow every item on this GORGEOUS to-do list?

19. This is almost mathematical in its beauty.

This is almost mathematical in its beauty.

20. Would you believe NONE of this is printed out?

Would you believe NONE of this is printed out?

21. This text is making me go Oscar Wilde.

This text is making me go Oscar Wilde.