Showing posts with label personal story. Show all posts
Showing posts with label personal story. Show all posts

Sunday, August 26, 2018

Epitaphs (XX): Posthumous Letters in Muros


Pensar a morte, falala e soñala.
Porque pensa unha que pensando exorciza.

Enxugar o sudario do tabú finxindo non 
ter medo do bico do frío nin dos ríos de sangue. 

E entretanto, buscar os fíos de seda nas 
palabras 
para non deixar ir o cabo de todo. 

Aínda non, mentres non descubra quen mente: 
Spinoza ou Lugones.

Pensar a morte para vivir a vida
ou morrela para non pensala?





















 Baruch Spinoza
" A free man thinks of nothing less than  of death, and his wisdom is not a meditation upon death  but upon life."

Leopoldo Lugones

Historia de mi muerte

Soñé la muerte y era muy sencillo:
Una hebra de seda me envolvía,
y a cada beso tuyo
con una vuelta menos me ceñía.
Y cada beso tuyo
era un día.
Y el tiempo que mediaba entre dos besos
una noche. La muerte es muy sencilla.

Y poco a poco fue desenvolviéndose
la hebra fatal. Ya no la retenía
sino por un sólo cabo entre los dedos…
Cuando de pronto te pusiste fría,
y ya no me besaste…
Y solté el cabo, y se me fue la vida.

Friday, January 27, 2017

Personal Correspondence: Maruja Mallo - Alfonso Reyes

Fonte da imaxe: http://www.epdlp.com/cuadro.php?id=2161
MOITO lle teño que agradecer a Anxo Vieites Salgado, o meu profesor de arte de COU. Non esquecerei xamais esas clases rigorosas e detalladas, coa arte como única protagonista, as obras maxistrais en filmina iluminando o salón de actos do IES Terra de Xallas: a ménade danzante, O chamamento de San Mateo, o matrimonio Arnolfini, o Partenón, as obras de Christo e Jean-Claude,... Saiamos da clase con síndrome de Stendhal e rematamos o curso coa sensación de ter vivido tanto!

Hai dez anos, volveu ensinarme, esta vez a través de miña irmá. Moito antes de que iso da clase invertida estivese de moda, as alumnas de arte prepararon unha exposición de mulleres artistas verdadeiramente ben feita e fascinante de ver. As rapazas, aparte de elixir as pintoras e as obras, facer o traballo de investigación, redacción e montaxe, eran tamén as guías, falando entusiasmadas de Frida Kahlo, Tamara Lempicka, e outras, entre elas tamén Dona Maruxa Mallo (1902-1995), unha feliz descuberta. Esa sensación de formiguiño ao ver por primeira vez os seus cadros enfeitizantes, cun aquel hipnótico que fai que non poidas deixar de miralos.

Seguinlle a pista a través dalgunha revisión da súa vida e obra como o programa de "Imprescindibles", vendo así a muller libre, independiente, talentosa, transgresora e anacrónica. Dicía que pintaba desde o asombro, desde a sede, desde unha sensibilidade profunda, e será por iso que cando miro a súa obra, se me desnuda a mirada e se me sincopa o corazón.

Quédavos aquí un estudo da súa correspondencia con Alfonso Reyes: trece cartas escritas sobre papel con caligrafía enrevesada, cartas que recollen as súas "pintorescas impresiones" en palabras de Alfonso Reyes, e que "despiertan en mí la viva emoción". Gozade!

Thursday, November 17, 2016

Words in Illustrations: Sarai Outeiral

Preséntovos a Sarai Outeiral Ces, a rapaza de ollos de conto, dedos de papel, soños de origami e corazón de pentagrama. Unha artista boirense, desas polifacéticas, que canta e toca a guitarra que dá xenio oíla e que debuxa bonito, tan bonito que lle perdoo as malleiras que me mete  ao pimpón. 

Xa en primaria gañou concursos de debuxo, e no instituto un premio de cómic. Ademais, no 2014 resultou gañadora dun concurso europeo de marcapáxinas para dar a coñecer a lingua galega e a obra do escritor homenaxeado aquel ano, Xosé María Díaz Castro. Aquí vedes as dúas entradas que mandou.






Tamén lle dá ao retrato, de feito gardo con moitísimo agarimo este tan xeneroso que me regalou no 2014.



Sarai está na actualidade cursando o grao en enxeñaría de deseño industrial e desenvolvemento do produto e de seguido vedes algún dos seus traballos máis recentes que podedes ollar con máis detalle, xunto con outros, na súa conta de Instagram.



"If I could say it in words, there would be no reason to paint"
(Edward Hopper)


Friday, November 11, 2016

Interview: Mateo Freire

Fotografía de Luisa Espasandín




Fotografía de Luisa Espasandín

















Mateo Freire (2005) é unha personiña moi especial. Ten un sorriso total que lle marca as meixelas e lle achina os ollos da cor das castañas. Falangueiro, elocuente, agarimoso, rétovos a ler a  súa entrevista sen namorarvos. Aquí vola transcribo tal e como el ma entregou escrita na súa fermosa caligrafía.

Mateo, podes dicirme tres cousas sobre ti?

Que son honesto, educado e gústame a familia que teño; esas tres cousas fanme feliz.

Gústache escribir postais, cartas ou notiñas?

Gustame escribir postais e cartas. E que a min gustame imaxinar cousas coma: cando chegara, lle gustar, responderame, etc



E recibilas?

Tamén, porque cando recibo unha carta faime ilusión, é como se o que a escribir quisera falar de cousas que lle pasan na vida e, así todo o tempo. Mostrarme como se sinte, e compartilo comigo.

En que lingua(s) adoitas escribir?

En castelán ou galego pero un pouco máis en castelán.

Ti que prefieres: recibir un Whatsapp, un e-mail ou unha postal? Por que?

Recibir un e-mail ou unha postal. Un e-mail porque cando escribes ou recibes e-mails te chegan enseguida, e as postais porque aunque tardes en recibilas, o carteiro dachas e podes lelas no momento.


Que é o que che gusta de recibir postais? En que cousas te fixas cando as recibes?

Ao saber que mandaronme unha postal a collo e a leo todo ilusionado. Me fixo en quen a mandou e de onde é.

Díxome un paxariño que coleccionas postais. Como e porque comezaches esa colección?

Non é que sea unha colección pero as que me mandan as teño gardadas.

Tes unha caligrafía preciosa, como conseguiches chegar a escribir tan ben?

Practicando de pequeno con cuadernillos rubio.

Cres que escribir postais ou cartas está pasado de moda?

Xa non é pasado de moda é que ao haber novos medios xa non se utiliza tanto.


O meu blog chámase “Palabras da man ao corazón”, que che suxire ese nome? Faríasme un debuxo para ilustralo?

A min “Palabras da man ao corazón” suxíreme palabras ditas con moito sentimento, que chegan ao corazón. Si fagoche un dibujo encantado.



Tuesday, October 18, 2016

Letters in Books: Cartas de cumpleaños

Nunca celebrei os cumpreanos nin teño desexo de facelo. Entendo que se celebran como unha afirmación do que somos, de que seguimos vivos un ano máis, unha oportunidade de rendirse unha homenaxe a un/ha mesmo/a e celebrar o noso carácter único. Respecto aos que o fan, máis non lle vexo significado nin á celebración nin a ningún dos rituais asociados a ela. 

Moito menos aínda ás asociacións culturais de cada unha das etapas vitais. En inglés, por exemplo, déuselles por etiquetar as décadas "The Trying Twenties", "The Deadline Decade" (os trinta), "The Flourishing Forties", "The Flaming Fifties", "The Serene Sixties". En galego temos no noso refraneiro un resumo dos estereotipos máis comúns asociados á idade:



Ara con nenos e comerás cañotos.

Ó neno e á muller, dille soilo o que che conviñer. 
Os nenos son fillos de Dios i afillados do demo.
Mentras moza a troulear; dispois de vella a rezar.
Mozo de quince anos, tèn papo e non tèn azos.
O mozo pode morrer, pero o vello xa non está pra moito vivir.
Os mozos pra loitar, e os vellos pra aconsellar
Cando o vello é gaiteiro, ¿qué fará o mozo solteiro? 
Canto máis vello, máis pelexo. 
O vello i o forno pola boca se quentan: un con viño e outro con leña.
Vello que se namora, chama pola derradeira hora.
 
Porén, encántanme, coma seguro tamén vos gustan a vós, os regalos inesperados, porque si, coma este libro de Ted Hughes, Cartas de cumpleaños (2013), nunha edición bilingüe con traducións de Luis Antonio de Villena que me regalaron hai unhas semanas, coma recordo dun serán moi especial, con dedicatoria incluída.



De Ted Hughes e Sylvia Plath tense falado moito. Coñecéronse nunha festa na Universidade de Cambridge nos anos cincuenta, e casaron catro meses máis tarde.  Despois de varios anos de relación atormentada, Hughes abandonou a Plath e aos seus dous fillos pequenos e marchou vivir cunha muller casada, a poeta Assia Wevill. Plath, soa, e con poucos medios económicos, erguíase ás catro da mañá para escribir poemas antes de que espertaran os nenos. O 11 de febreiro de 1963, preparou o almorzo para os pequenos, abriu o gas e meteu a cabeza no forno. Hughes, que aínda era o seu marido legal, fíxose cargo dos manuscritos de Sylvia Plath, e editounos, pero tamén queimou algúns diarios dela (mesmo o que contaba os seus últimos días de vida), por xulgar que terían ocasionado un dano irreparable aos seus fillos.

O público admirador de Plath non llo perdoou, e o estigma que o converteu en causante do suicidio da súa dona acompañouno ata a morte. Da tumba da poeta, que lía "Sylvia Plath Hughes", arrancaban sistematicamente o apelido "Hughes".  Por se fose pouco, a poeta Assia Wevill tamén se suicidou (1969) por asfixia con gas despois de matar á filla que tivera con Hughes. Ted Hughes voltou casar, pero a traxedia seguiu presente na familia: no 2009 o seu fillo tamén se suicidou. No 1998, Hughes, enfermo de cancro (feito que mantivo en segredo) e sabendo que morrería axiña, completou o diario poético dirixido á súa muller, que comezara a escribir cando ela se suicidou.

Cartas de cumpleaños é un espectacular best-seller, un dos libros de poesía máis vendidos de todos os tempos, escrito durante uns vinte e cinco anos,  coas cartas coma unha especie de "privada transacción ilegal entre ela e eu" (p. 17), como lle contou a Seamus Heaney nunha carta. Son oitenta e oito poemas, oitenta e oito misivas que lle escribe á defunta desde a intimidade, desde o recordo da vida, non tanto para desmontar o mito de Plath, senón para ignoralo e convocar o tempo no doloroso movemento dos versos. 

Déixovos un extracto dun dos poemas, "Visit" (Visita).

VISIT
(...)
Ten years after your death
I meet on a page of your journal, as never before,
The shock of your joy
When you heard of that. Then the shock
Of your prayers might not create the miracle,
Then, under the panic, the nightmare
That came rolling to crush you:
Your alternative – the unthinkable
Old despair and the new agony
Melting into one familiar hell.

Suddently I read all this – 
Your actual words, as they floated
Out through your throat and tongue and onto your page-
Just as when your daughter, years ago now,
Drifting in, gazing up into my face,
Mystified, 
Where I worked alone
In the silent house, asked, suddenly:
“Daddy, where’s Mummy?” The freezing soul
Of the garden, as I clawed it.
All round me that midnight’s 
Giant clock of frost. And somewhere
Inside it, wanting to feel nothing, 
A pulse of fever. Somewhere
Insided that numbness of the earth
Our future trying to happen.
I look up – as if to meet your voice
With all its urgent future
That has burst in on me. Then look back
At the book of the printed words.
You are ten years dead. It is only a story.
Your story. My story.
VISITA
(...)
Diez años después de tu muerte
encuentro una página de tu diario, como nunca antes,
el impacto de tu alegría
al saber todo aquello. Luego el impacto
de tus rezos. Y bajo esos rezos el pánico
de que tales rezos no creasen el milagro,
y luego, bajo el págino, la pesadilla
que llegó rodando para aplastarte:
tu alternativa, la vieja e impensable
desesperación y una agonía nueva
revueltas en un infierno familiar.

De repente leo todo eso,
tus auténticas palabras mientras salían flotando
de tu garganta y lengua para plasmarse en la página.
Igual que cuando tu hija, ya hace años,
entrando desnortada, mirándome a la cara,
perpleja,
donde yo trabajaba a solas
preguntó de repente, en el silencio de la casa:
“Papá, ¿dónde está mamá?” La helada tierra
del jardín, mientras la cavaba con las manos.
A mi alrededor el gigante reloj de escarcha
de aquella medianoche. Y algo dentro, 
en alguna parte, esperando no sentir nada.
Un pulso de fiebre. En algún lugar
dentro de la tierra entumecida
nuestro futuro intentando acontecer.
Alzo la mirada, como deseando alcanzar tu voz
con todo su urgente future
que me ha estallado dentro. Luego vuelvo a mirar
el libro de palabras impresas.
Llevas diez años muerta. Es solo una historia.
Tu historia. Mi historia.






Thursday, September 15, 2016

A Letter to My Students in Sección Ribeira

"A nossa grande tarefa está em conseguirmo-nos tornar mais humanos"


Dear students and former students,

Como poden caber nas entrañas deste edificio tantísimas experiencias e bos momentos? Como pode albergar ese poder evocador tan forte?

IES número 1 de Ribeira
How can days and nights pass and how can ages bloom and fade like flowers? ... Xa van aló oito anos desde aquel xullo de 2008 en que botou a andar a sección de Ribeira e deixastes entrar as clases de inglés da EOI nas vosas vidas. Permitídeme, por favor, unha pequena homenaxe en forma de exercicio de memoria. Vai por todos/as os/as que pasastes pola EOI e a enchestes de vida. Porque o que se aprende feliz, apréndese mellor, and hopefully, will not be forgotten.





















Véñenche algúns recordos en particular? De que te acordastes ao ver algunha das fotos? A min venme á cabeza a caligrafía de Gabriel, a presentación de Timor de Miguel, de Carmen sobre o  naufraxio do Santa Isabel, ou de Bea sobre o phubbing, a conversa entre Juanjo e Dolores con cancións incluídas, o xuízo na clase no que Elisa era a acusada, a life cooking class de Vicky e a degustación de pumpkin pie,  a exposición explicada por vós de Amnistía Internacional, os poemas sobre Heroes no National Poetry Day, a "voda" entre Marga e Gude e todos nós de invitados, o noticiario, Chús entrevistando ao "alcalde" Belarmino, Susana dando o tempo, o anuncio do servizo de mensaxería con Teresa, Javi, Alejandro e Fátima, ...



... aquelas veces en que vos convertistes en obras de arte vivintes...

... ou en reposteiros...

... e membros do xurado!


... os doces árabes feitos por Khadija...


 ... o debate sobre arte en Porto do Son con Jontxu Argibay...


... as fantásticas presentacións sobre "Movember"...



... as sentidas cartas de agradecemento que vos escribistes uns aos outros...


 ... ou aquela vez en que practicamos os futuros indo ás "fortune tellers" Dolores e Elena.



Sigo dándolle á roda da memoria e sorrío pensando na simpatía de Isaac, na historia musical do pai de Laura Fuentes, na calma de Lucía, en todas as películas e series que coñecemos grazas a Manuel e Andrés, no impresionante caudal de coñecemento e memoria de Juan Carlos, nos contos de Castelao na voz de Daniel, na constancia de Teresa, no precioso sorriso de Isa, na paixón lectora de Chús, nas preguntas de José Ángel, na bondade de Angelica, no apoio e notiñas de Luís, nas recomendacións músico-literarias de Alejandro, na clase de pilates en inglés de Juanjo, nos bailes do mundo con María, no obradoiro de caligrafía con Noriko, nos marcapáxinas de Encarna, no concerto de Chick & Kathryn, no obradoiro con Jarrett, en Curtocircuito, nas coreografías de Raquel, nas indicacións de tecnoloxía de Chema, nas cartas de Fátima, en Juan vestido de noiva, en Paloma xogando ao taboo, na risa contaxiosa de Antón... E por suposto en EOIvisión. Esas horas de ensaio, de bonding, nervios e frustración para logo chegar á satisfacción dun produto feito en equipo. Cancións que creo que ningún de nós esquecerá xamais.








E que dicir dos libros, libros libros? Ai, ese club de lectura do meu corazón. Teño que agradecervos enormemente aos que cada ano vides novos para ler e debater, ás veces textos longos e complexos, e ademais en inglés. Pero tamén quero dar as grazas especiais aos que comezastes hai sete anos e seguides vindo fielmente.

A vós vai o mérito tamén por ter a marabillosa idea de pór en marcha un grupo de teatro. Seize the Day partiu de vós e é voso, e iso nótase na entrega e empeño que lle poñedes, adicándolle horas e esforzo para memorizar o texto e vir aos ensaios e ás representacións malia as vidas ocupadas que levades. Grazas, Loida, por encamiñarnos e enriquecernos.





Tito, Manuel e Susana, é un luxo que compartades con nós o voso talento. A vosa música desde logo deunos momentos íntimos, de pel de galiña e de corazón encollido. Moitísimas grazas!


E as viaxes? Lembrades a nosa primeira, organizada por Pepe? Estupendo aquel percorrido por Liverpool, Dublín, Bristol - mesmo con cinzas de volcán islandés e día extra con tour  de Banksy incluídos. Malta (aquel karaoke...), O Porto (o cruceiro polo Mississippi, lembrades?), Santiago e Nova Iorque - vaia aventuras!








Non podían faltar as ceas aderezadas de boa conversa. Primeiro falando dos exames, das clases - non podía ser doutro xeito, e despois... sempre, sempre algo interesante, desde un poema ata unha canción con acompañamento de acordeón, non si, Pablo?







E por último, os días de roteiros polo Barbanza con tardes de xogos - en inglés, por suposto!- mesmo se hai  tornado ou hai que mollarse ata os ósos.









Non sei se a grande tarefa de Saramago está cumprida ou queda por completarse, pero o que si podo asegurar é que só hai un sentimento que supere a felicidade que sinto: a GRATITUDE.