Blusas de volantes, acento de aldea,
apariencia delicada, voz de mosquiña morta,
But judge a book by her cover and you're in for it brother
"“Fill your paper with the breathings of your heart.” ― William Wordsworth
Blusas de volantes, acento de aldea,
apariencia delicada, voz de mosquiña morta,
But judge a book by her cover and you're in for it brother
LA LUNA LLENA
Tradución propia do poema extraído do poemario: El hueco de la ola (1957)
Grazas, Celeste, por me descubrir a web Poesía Árabe.
Lluarca promociónase como "Villa de nobel, villa blanca de la costa verde". A primeira é en referencia a Severo Ochoa, recoñecido científico a nivel mundial, que recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1959; e a segunda, ao branco que, como se pode apreciar nesta primeira foto, predomina nas súas edificacións.
É acolledora e luminosa, con moitos atractivos coma as vistas dos miradores, andainas polos bosques alisos ou polos cantís do Cabo Busto. Non menos interesante é o seu cemiterio parroquial, polo que vos levamos hoxe de paseo.
Situado na Atalaia, un saínte que se ergue sobre o mar Cantábrico, co mar dun costado e piñeiros do outro, é un excelente observatorio e lugar de descanso, non só para os mortos.
Aquí xacen Severo Ochoa e a súa muller Carmen, o xornalista Jesús Evaristo Casariego, ou a poeta Nene Losada De par das súas tumbas, hai epitafios sorprendentes, rexios, humildes, modestos e fermosos, pero quizais neste cemiterio foi onde vin o máis emotivo e sobrecolledor de todos os que xamais visitei: esta última declaración de amor íntima nun panteón recén selado.